Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

24/09/21 | 20:01 | C. do Medio Rural

A Xunta recoñece as mellores iniciativas a prol do agro galego cos Premios ao Desenvolvemento Rural

José González valorou o elevado número de candidaturas presentadas -82 en total, 16 máis que o ano pasado- e felicitou os gañadores das oito categorías

22/09/21 | 16:40 | C. do Medio Rural

A Xunta explica a gandeiros de Lugo que a aplicación Conta Láctea lles axudará a mellorar a súa posición negociadora sobre os prezos do leite

Esta aplicación informática, creada polo Goberno galego xunto coa Fundación Juana de Vega ao abeiro da Estratexia de dinamización do sector lácteo, está concibida tamén para facilitar a xestión empresarial das explotacións leiteiras

22/09/21 | 11:50 | C. do Medio Rural

A Xunta finaliza a concentración parcelaria que comparten os concellos de Carral e Cambre na que investiu preto de 1,5 millóns de euros

Mediante este proceso de reorganización do territorio, que abarca unha superficie de case 600 hectáreas, duplicouse a superficie media das parcelas resultantes

21/09/21 | 16:05 | C. do Medio Rural

A Xunta promociona os produtos agroalimentarios galegos de calidade no I Circuito de Golf Tur 43 – España Verde

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria celebrou onte unha cata con produtos premiados nas diferentes catas que organiza a Consellería do Medio Rural, tanto a de viños, augardentes e licores como a de queixos e meles

21/09/21 | 13:26 | C. do Medio Rural

A Xunta lembra que as adegas galegas poden solicitar o préstamo vendima ata o vindeiro 15 de outubro

José González salientou que esta liña de crédito facilitaralles ás empresas a compra da totalidade da uva da colleita deste ano en condicións normais de mercado e está deseñada para facer fronte ás dificultades xeradas pola pandemia no sector

21/09/21 | 10:44 | C. do Medio Rural

As axudas da Xunta para promover o emprego de maquinaria agrícola en réxime asociativo están dotadas con 3 M€, un 20% máis que o ano pasado

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a correspondente convocatoria destas achegas, destinadas a cooperativas ou sociedades agrarias de transformación

20/09/21 | 12:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta anima á mocidade galega a aproveitar as oportunidades laborais e de emprendemento que ofrecen eidos como o forestal ou o agroalimentario

José Luis Cabarcos fixo especial fincapé nas posibilidades que presentan os produtos galegos de proximidade e de calidade, cada vez máis demandados no mercado e distinguidos con selos como o de artesanía alimentaria no que se segue a traballar

17/09/21 | 16:49 | C. do Medio Rural

A Xunta avoga porque Conta Láctea sexa recoñecida como fonte de datos de consulta pública para permitir o seu uso como referente na negociación dos prezos

Os directores xerais de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias e de Defensa do Monte responderon varias preguntas na Comisión 7ª do Parlamento

17/09/21 | 11:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta sinaliza as Rutas do Viño de Valdeorras, Monterrei e da Ribeira Sacra

O delegado territorial explicou que o Goberno galego inviste 322.000 euros nesta actuación para actualizar os indicadores nos establecementos e concellos que atravesan estas rutas coa unificación e sinalización dos paneis, ademais de reforzar as indicacións nos lugares emblemáticos ou nos que inducen a erro

16/09/21 | 10:52 | C. do Medio Rural