Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta mantén o compromiso coa mostra de teatro de Ribadavia na recuperación da súa dimensión internacional
Apoia economicamente a 37ª edición, que do 16 ao 25 de xullo ofrecerá os espectáculos dunha vintena de compañías, como as do belga Jan Laurwers e o grego Christos Papadopoulos
A Xunta desenvolverá aulas de emprendemento en 22 centros de FP o vindeiro curso
Favorecerán que o alumnado poida poñer en marcha as súas propias ideas de empresa
Un total de 102 investigadores predoutorais benefícianse das axudas da Xunta para levar a cabo a súa labor científica nas universidades galegas e organismos públicos de I+D+i
O Diario Oficial de Galicia publica a lista de seleccionados, que recibirán un importe de 24.000€/ano durante tres anos, ademais de ata 6.000€ para as estadías de tres meses no estranxeiro
A Xunta inviste máis de 468.000€ na substitución da cuberta e na renovación das fachadas dos IES Rafael Dieste na Coruña para adaptalo ao Plan de nova arquitectura pedagóxica
Gonzalo Trenor explicou que as obras previstas suporán un salto de calidade no confort para o alumnado e máis eficiencia desde o punto de vista enerxético
A Xunta dota con 300.000 euros as subvencións para a fase de desenvolvemento de proxectos audiovisuais
Increméntanse nun 15% os fondos para impulsar os traballos de preprodución de filmes e series para cinema e televisión cara á súa rodaxe nos vindeiros anos
Gabriel Alén visita o CPI Tomás Terrón Mendaña no concello de Carballeda de Valdeorras
O delegado territorial anunciou as melloras nos baños e a incorporación de lavabos para os máis cativos na planta baixa que acometerá a Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o período estival.
A Xunta fai un balance positivo do curso escolar, onde a ventilación e o uso da máscara foron clave para conter a transmisión da pandemia nas aulas
O secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Universidade destaca no Parlamento que a porcentaxe de alumnos afectados pola covid foi practicamente igual en todos os grupos de idade e etapas educativas malia teren medidas diferentes
Román Rodríguez destaca a constancia e excelencia dos mellores expedientes da ABAU
O conselleiro de Educación participa na entrega de recoñecementos a estes estudantes no marco do programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC
Gabriel Alén anuncia a licitación das obras da cuberta do patio do CEIP Nosa Señora de Xuvencos no Concello de Boborás
O delegado territorial anunciou a inminente licitación da cuberta do patio do centro escolar por un importe aproximado de 125.000 euros e un prazo de execución de tres meses
Os centros educativos poderán acollerse a 42 programas de innovación educativa a través do Plan Proxecta+ o próximo curso
A Xunta abre a convocatoria para o 21-22, con accións enfocadas á mellora da calidade a través de actuacións no eido da igualdade e a coeducación, a competencia dixital a promoción da saúde, a educación intercultural ou a transición ecolóxica