Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Lete Lasa sinala o deporte e as novas tecnoloxías como “ferramentas innegociables” para os desafíos do futuro, nas IV Xornadas de Xestión Deportiva Municipal
Lembra os asuntos abordados coa FEGAMP na xuntanza do pasado martes como a elaboración dun programa transversal que contribúa á mellora da saúde e a calidade de vida ou a tramitación do decreto para a creación do Rexistro de Instalacións Deportivas de Galicia
As obras do Pavillón Polideportivo dos Remedios, cun investimento da Xunta cercano aos 2 millóns de euros, continúan a "bo ritmo e sen acumular atrasos"
Debido ao peche da instalación realizáronse cambios nas fases acadando que, a día de hoxe, xa estean rematadas as obras no novo ximnasio e salas de actividades dirixidas, a ampliación do corredor e os enlucidos da piscina de 50 metros, ademais de que as actuacións na piscina de 25 metros xa están concluídas ao 80%
Xunta e FEGAMP coordinan un programa que mellore a saúde da poboación a través da actividade física e avanzan na creación do Rexistro de Instalacións Deportivas de Galicia
Os datos do RIDEGA servirán para a confección do Plan de Instalacións Deportivas de Galicia, aprobado polo Consello da Xunta o pasado 16 de xaneiro
O Complexo Deportivo de Monterrei reabre as súas portas concertando 13 citas no primeiro día -3 para a pista de atletismo, 6 para as pistas de tenis e 4 para as pistas de pádel-
O horario de apertura será de luns a domingo de 9,00 a 22,00 horas e os espazos dispoñibles serán as 4 pistas de tenis, 2 pistas de pádel, pista de atletismo, 2 pistas polideportivas, aseos do edificio principal, aseos da pista de atletismo así como o resto de espazos o aire libre
O Centro Galego de Tecnificación Deportiva reabre as súas portas mañá seguindo o protocolo básico de actuación elaborado pola Xunta
Tamén volverán a funcionar o Centro Galego de Vela e o complexo náutico David Cal de Verducido
A Secretaría Xeral para o Deporte habilita que as federacións adquiran o material sanitario necesario con cargo ao convenio para a reactivación da actividade deportiva
Novas reunións esta semana coas federacións de de golf, actividades subacuáticas, remo, natación e taekwondo, así como cos clubs de baloncesto e de balonmán de Galicia
Galicia acada o máximo histórico de deportistas galegos de alto nivel con máis de medio milleiro de recoñecidos (505)
Dos 505 DGAN, 16 son deportistas con discapacidade (5 mulleres e 11 homes), o número máis elevado desde que se recoñecen aos deportistas galegos e galegas de alto nivel grazas a unha evolución ascendente nas últimas resolucións que avala o especial pulo levado a cabo pola Xunta en prol do deporte adaptado
Galicia autoriza a pesca marítima recreativa atendendo ás condicións do Estado sobre a práctica deportiva na situación de alerta sanitaria polo coronavirus
Así o acordou hoxe o Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria en Galicia (Cecop)
Lete Lasa traslada o seu apoio a federacións e deportistas de alto nivel e clarifica as súas dúbidas respecto á práctica deportiva
Mantén unha xuntanza coas 58 federacións deportivas de Galicia primeiro e cos deportistas galegos de alto nivel despois, representados por unha trintena deles que se atopan na carreira olímpica
Lete Lasa reclama unha participación máis activa das autonomías na desescalada deportiva que, no caso de Galicia, xa ultima o seu plan de continxencias con todas as federacións
Na xuntanza convocada polo CSD con todos os responsables autonómicos do deporte, o secretario xeral analizou as principais ambigüidades respecto as últimas ordes ministeriais aprobadas