Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Alfonso Rueda destaca a recuperación do turismo coa chegada de case 35.000 peregrinos este ano
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou no Foro Turismo de Europa Press, no que salientou campañas como a tarxeta do bono turístico ou o seguro coronavirus para incentivar a demanda
A Xunta e Concellos do Camiño Portugués da Costa valoran positivamente a puxanza deste itinerario
O director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, Ildefonso de la Campa, mantivo un encontro cos edís deste itinerario
Feijóo traslada o orgullo e a responsabilidade de acoller a rede social máis antiga, máis integradora e a que máis perdura ao longo dos séculos
Destaca que Galicia está preparada para que o Xacobeo 21-22 sexa o mellor da historia: “Somos un pobo diverso que quere seguir crecendo e dando a benvida. Neste dobre Ano Santo todos son benvidos e todos están invitados”
Un total de 30 establecementos turísticos de Sanxenxo beneficiáronse das axudas da Xunta para o incremento da calidade da oferta
A Xunta concedeu axudas para a mellora dos 30 establecementos de aloxamento turístico e de restauración por importe de 465.000 euros, segundo trasladou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda na reunión mantida co Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo
A Xunta destaca a importancia de ¨La Vuelta 21¨ como escaparate internacional para promocionar Galicia neste Xacobeo
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín González e o director de “La Vuelta 21”, Javier Guillén, participaron esta mañá na presentación do tramo que discorre por Sanxenxo
A música emerxente toma a praia baionesa da Barbeira no marco do programa de “O teu Xacobeo”
A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, presidiu hoxe a presentación do Barbeira Season Fest, no que os galegos Los Marcianos, Baiuca, Moura e Kings of the Beach compartirán escenario con Viva Suecia, unha das bandas máIs representativas do indie nacional
Fernández-Tapias acompaña a saída dos instagrammers que ata o domingo percorrerán catro etapas do Camiño portugués
Gala González, Martiño Rivas, Xurxo Carreño e Cristina Cerqueiras, que suman 4 millóns de seguidores, partiron hoxe desde Redondela no marco da campaña da Xunta para divulgar o Camiño de Santiago entre a mocidade
A Xunta louva a iniciativa turística de Repsol para proporcionar o Camiño de Santiago a través das redes
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recibiu ao Equipo Repsol Honda á súa chegada á praza do Obradoiro, onde a moto de Marc Márquez quedou exposta ata o mediodía para desfrute dos afeccionados
A Xunta lanza un cento de stikers e gifs para divulgar o Xacobeo e o Camiño nas redes sociais
Ademais dos recursos dixitais que axudarán a narrar as experiencias dos camiñantes, os peregrinos poderán botar man de Cunchiña, a mascota do Xacobeo nas redes sociais