Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1270 novas da área temática Educación:

07/07/21 | 12:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O programa da Xunta '21 días co galego e +' promoveu a dinamización da lingua en máis de 9.000 escolares e 24 centros desde a súa posta en marcha

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, fai balance no Parlamento desta iniciativa presente en varios colexios galegos desde hai tres anos

07/07/21 | 11:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo resalta a educación como piar fundamental para o mundo pospandemia e incide na innovación, a calidade e a equidade como claves de futuro

Destaca que o investimento principal dun país é a educación porque é un investimento de futuro e, como tal, debe ser unha prioridade de calquera sociedade

06/07/21 | 14:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Trenor supervisa o resultado das obras de mellora do CEIP Ponte dos Brozos nas que a Xunta investiu case 250.000€

O delegado da Xunta e Carlos Calvelo reuníronse co equipo directivo do centro educativo que agradeceu esta actuación

06/07/21 | 12:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta implanta a Intelixencia Artificial no sistema educativo galego o próximo curso cun enfoque práctico aplicado á resolución de problemas

Os centros poderán ofertar esta materia como Libre Configuración Autonómica para o alumnado de 1º curso de Bacharelato, e contará cunha carga lectiva de 2 horas semanais

06/07/21 | 11:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste máis de 380.000€ na substitución da cuberta e das carpinterías do IES Agra do Orzán na Coruña para adaptalo ao Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica

Gonzalo Trenor explicou que as obras previstas suporán un salto de calidade no confort para o alumnado e máis eficiencia desde o punto de vista enerxético

04/07/21 | 12:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca os Premios ao esforzo e á superación persoal para o alumnado de secundaria

A través destes galardóns anuais, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade recoñece a capacidade de superación de dificultades do alumnado que cursa 4º de ESO

03/07/21 | 11:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre o prazo para o curso de formación para desempeñar o posto de dirección dun centro educativo

A través deste módulo formativo obtense a acreditación específica para exercer esta función

02/07/21 | 13:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta e universidades pechan as instrucións para garantir a presencialidade nos sete campus universitarios galegos o vindeiro curso

O documento recolle as medidas a adoptar para garantir a calidade da docencia ao tempo que garantir a seguridade sanitaria da comunidade universitaria

01/07/21 | 15:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia conxelará un ano máis os prezos das matrículas universitarias, o que suporá un aforro de preto de 19 millóns de euros para as familias

Feijóo asevera que Galicia é a segunda comunidade de España onde é máis barato estudar un grao e a comunidade máis barata para estudar un máster non habilitante

30/06/21 | 13:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta oferta máis de 1.100 prazas de Formación Profesional no Salnés, case 600 en Vilagarcía, para o curso 2021/2022

O delegado territorial, Luis López, informa de que a comarca disporá de 47 ciclos ordinarios, para adultos, formativos básicos e duais coa incorporación de Informática de Oficina no IES Monte da Vila do Grove