Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia pide ao Goberno central ter presenza nas futuras negociacións tanto en Europa como co Reino Unido sobre o brexit para defender os intereses da súa frota
Feijóo lamenta que a Comunidade aínda non recibise información oficial por parte do Estado sobre o acordo, así como que se confirmasen os temores de que a pesca fose entregada como moeda de cambio na negociación
Galicia convocará un Consello Galego de Pesca extraordinario para analizar polo miúdo o impacto do acordo sobre o brexit na comunidade
O Executivo galego vai encargar dous informes sobre a súa incidencia no sector, un de carácter técnico-administrativo e centrado no impacto que terá na actividade extractiva e na comercialización dos produtos pesqueiros e outro sobre as súas implicacións xurídicas
Os bateeiros, confrarías e acuicultores que fomenten unha actividade sustentable poden optar a axudas para apoiar ata o 50% dos seus investimentos
O ‘Diario Oficial de Galicia’ publicou esta semana a convocatoria de 2021 destas achegas destinadas a investimentos produtivos, á eficiencia enerxética e a servizos de asesoramento no ámbito da acuicultura
Galicia constata que o acordo sobre o brexit é un duro golpe para o sector ao recortar as posibilidades de captura nos vindeiros seis anos
A Xunta e a frota lembran que o acordo se estende ata 2026, ano no que haberá novos contactos para definir a relación co Reino Unido de cara ao futuro
Os grupos de acción local do sector pesqueiro contan cun apoio da Xunta de máis de cinco millóns de euros para o desenvolvemento do seu labor ata o 2022
Con estas achegas búscase que estas entidades poidan proseguir coa implementación das estratexias no territorio e coa selección de novos proxectos que contribúan ao desenvolvemento sustentable das zonas de pesca
Galicia será belixerante para seguir defendendo os intereses da frota e recuperar os dereitos de pesca perdidos no acordo do Brexit
A falta de coñecer os termos concretos do acordo, a Xunta considérao sumamente negativo porque semella que se entregou de forma definitiva á frota británica o 25% das cotas de pesca europeas a cambio de cinco anos e medio de acceso ás augas do Reino Unido
Galicia advirte de que o recorte das cotas de pesca fixado en Bruxelas para 2021 terá un impacto de arredor de 26 M€ na economía da comunidade
Feijóo explica que a frota galega perde un 7,6% de cota en augas do Cantábrico-Noroeste con respecto ao ano 2020
Os grupos de acción local do sector pesqueiro mobilizan máis de 12 millóns de euros para o desenvolvemento socioeconómico das zonas costeiras
A Consellería do Mar aprobou axudas a 128 proxectos dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) por valor de máis de 7,3 millóns de euros no marco da convocatoria deste ano
A Xunta destaca o valor do compromiso ambiental para impulsar a competitividade da cadea mar-industria
A guía elaborada por Anfaco xunto ao Grupo de Biotecnoloxía Ambiental da USC permitirá ás conserveiras coñecer a carga ambiental dun produto e avaliar as accións para reducir emisións de gases de efecto invernadoiro
Galicia considera sumamente decepcionantes as cotas de pesca fixadas para o ano que vén pois supoñen rebaixas en moitas especies de interese para a súa frota
A comunidade galega ve cativos os avances obtidos en relación coa proposta inicial da Comisión Europea a pesar de tantas horas de negociación e tendo en conta tanto o contexto de pandemia actual como a incerteza derivada do brexit