Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

05/07/21 | 12:32

Medio Ambiente felicita ao Concello de Riós por apostar por contornas máis respectuosas cos valores culturais e accesibles para os veciños

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda recorda que a Xunta investiu un 70% da actuación, cuxo costo foi de preto de 100.000 euros

02/07/21 | 14:37

A Xunta impulsa a reforma do polígono de Sete Pías para incrementar as prazas de aparcamento cunha axuda de 96.000€

O delegado territorial, Luis López, informa desta achega, enmarcada na orde de mellora e habilitación de infraestruturas dos parques empresariais, nunha visita a este complexo industrial de Cambados

01/07/21 | 14:48

Galicia avanza no desenvolvemento dos 17 obxectivos da axenda 2030 para manterse á vangarda da sostibilidade

Sagrario Pérez salienta que recentemente se presentou o primeiro informe sobre o cumprimento das políticas posta en marcha polo Goberno galego en materia social, ambiental industrial e enerxética, cun balance positivo

30/06/21 | 14:21

A Xunta aproba de forma inicial o Plan básico municipal de Ribeira de Piquín, o último dos nove concellos pioneiros que supera este trámite

O primeiro grupo de municipios galegos que apostou por esta ferramenta de ordenación básica encara xa a recta final da tramitación dos seus PBM, co obxectivo de que os nove estean aprobados a finais deste ano ou comezos do próximo

30/06/21 | 12:30

A Xunta formará a 70 profesionais de distintos sectores como guías especializados no Parque Nacional das Illas Atlánticas

Durante xullo e agosto farán de forma telemática a parte teórica do curso e a partir de setembro pasarán unha semana nos catro arquipélagos facendo prácticas

27/06/21 | 10:24

Medio Ambiente concede axudas por importe de máis de 1,5 M€ para rehabilitar 42 vivendas de titularidade municipal en 20 concellos

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de resolver a orde de axudas do programa de recuperación de inmobles de propiedade municipal para destinalos a alugueiro social

25/06/21 | 12:29

A Xunta formaliza o contrato para acondicionar un paseo peonil no entorno do Mosteiro das Bernardas, en Pantón

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que as obras foron adxudicadas por 205.000 euros e teñen un prazo de execución de tres meses

25/06/21 | 12:26

A Xunta e o Concello de Frades colaborarán para facer repoboacións piscícolas nos ríos do municipio

Durante a xuntanza tamén analizaron as posibilidades de que ambas administracións cofinancien un proxecto municipal de humanización da contorna dunha praza pública

24/06/21 | 15:30

Luis López anima a concorrer ás axudas para a recuperación de vivendas e espazos na primeira área de rehabilitación integral de Ponteareas

O delegado territorial da Xunta presenta no concello, xunto á alcaldesa, Cristina Fernández, a estrea da ARI en Ponteareas, que abrangue unha superficie de case dez hectáreas con 518 vivendas na contorna das prazas Maior e da Bugallal