Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Valentín García salienta o talento creativo en galego das novas xeracións na XIX edición do Festival de Cans
O secretario xeral de Política Lingüística asiste á proxección das curtas gañadoras dos premios audiovisuais ‘REC.curta 2022’, apoiados pola Xunta
A Xunta abre a convocatoria do novo fondo de axudas do Hub Audiovisual para o desenvolvemento de videoxogos con 500.000 euros
O DOG publica hoxe as bases da iniciativa para impulsar a realización integral de oito novas producións por parte de profesionais e pemes con sede en Galicia
O Centro Dramático Galego pon en marcha tres producións para a nova temporada coa selección dos intérpretes
A cara oculta do deporte de elite centrará a primeira das estreas, con dirección de Tito Asorey a partir de textos de José L. Prieto e Nacho Carretero
O secretario xeral de Cultura destaca o apoio da Xunta a certames como o ‘Xosé M. López Ardeiro’, que impulsan a produción literaria en galego
Sinala a oportunidade que estas iniciativas supoñen tanto para os novos creadores como para os escritores xa consolidados
A xira do espectáculo 'Rompente. Algo que levar á boca', de Antón Reixa, Alberto Avendaño e Manolo Romón chega a Madrid co apoio da Xunta
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asiste ao concerto desta proposta que o ano pasado percorreu oito concellos galegos no marco da programación cultural
A Xunta abre o prazo para que as familias soliciten axudas para libros e material escolar e acceso ao fondo solidario de manuais
O Goberno galego destina un total de 25,6M€ a este programa, cun incremento do 47% do orzamento con respecto a este curso que, case na súa totalidade, vai destinado a financiar a renovación dos manuais do Fondo de libros obrigada pola entrada en vigor da nova Lei educativa
A Xunta celebra o centenario de María Casares cunha coprodución do Centro Dramático Galego e Ainé
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presenta en rolda de prensa o espectáculo levado a escena con A Quinta do Cuadrante a partir de textos da dramaturga uruguaia Marianella Morena e baixo a dirección de Tito Asorey
Román Rodríguez destaca que os museos da Xunta recuperan o nivel de visitantes anterior á pandemia, unha mostra máis da reactivación do sector cultural
De xaneiro a abril achegáronse a algún dos centros museísticos de xestión autonómica case 103.000 persoas, un 15% máis ca no mesmo período de 2021 e o mesmo dato que o rexistrado en 2019, último ano previo á crise sanitaria
O proxecto ‘Nós de intelixencia artificial ao servizo da lingua galega’ entra na súa segunda fase coa implementación dos primeiros prototipos
Inxéctanse 600.000 euros máis para levar a cabo seis das oito iniciativas previstas, centradas na síntese de voz, recoñecemento da fala, xeración automática de textos, sistemas de diálogo, tradución automática ou corrección e avaliación lingüística