Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta apoia ás federacións de confrarías de pescadores para impulsar a representación do sector e a súa competitividade
As catro entidades que agrupan ás 63 confrarías galegas beneficiaranse este ano de máis de 400.000 euros para facer fronte a gastos derivados da súa actividade e á implantación de melloras para optimizar o seu labor
Feijóo traslada ao ministro de Agricultura a necesidade de que os intereses atlánticos e cantábricos do sector se teñan en conta na política agraria europea e no reparto dos seus fondos
Asevera que Galicia plasmará todas estas prioridades nun documento baseado en criterios técnicos e elaborado xunto coas universidades galegas, co fin de trasladalo ao Goberno central
A Xunta colaborará con Anfaco-Cecopesca no impulso de máis dunha ducia de accións de promoción das conservas de produtos do mar
Esta colaboración estará vixente ata o 30 de decembro deste ano e a ela a Consellería do Mar destina 149.000 euros
Galicia pide a parlamentarios españois da Comisión de Pesca da Eurocámara a súa colaboración para coñecer a letra pequena do acordo do brexit no eido pesqueiro
A Xunta trasladou aos eurodeputados da Comisión de Pesca a estratexia da comunidade na defensa dos intereses do sector marítimo-pesqueiro, que terá como base os dous informes encargados sobre o impacto do acordo
O sector pesqueiro galego poderá beneficiarse de máis de 1,6 millóns de euros en axudas para poñer en marcha proxectos innovadores
Esta cantidade enmárcase na convocatoria de 2021 destas achegas cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca que publicará nos vindeiros días o ‘Diario Oficial de Galicia’
O pleno do Consello Galego de Pesca apoia a folla de ruta deseñada por Galicia para facer fronte aos efectos do acordo sobre o brexit
A estratexia galega terá como base os dous informes encargados pola Xunta sobre o impacto do brexit, que serán presentados ao Consello Galego de Pesca en canto estean dispoñibles
Galicia subvenciona ata a metade das melloras nas pemes de transformación de produtos do mar que fomenten a sustentabilidade ambiental
A Xunta destina 16 millóns de euros á convocatoria de 2021 destas achegas a proxectos que contribúan a aforrar enerxía ou reducir o impacto no medio ambiente e a avanzar na seguridade, na hixiene e nas condicións de traballo
Galicia aproba preto dun cento de plans de xestión no marco do primeiro Plan xeral de explotación marisqueira con vixencia de tres anos
A orde que regula a actividade, publicada hoxe no ‘Diario Oficial de Galicia’ e que xa está en vigor, inclúe 52 plans de marisqueo a pé, 35 desde embarcación e outros sete mixtos
A Consellería do Mar convoca tres novos cursos de mariñeiro pescador na modalidade en liña
Cada curso será tutelado por unha das tres escolas de ensino náutico-pesqueiro dependentes da Consellería e o período de inscrición vai desde mañá ata o próximo 22 de xaneiro