Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 720 novas da área temática Deporte:

14/07/20 | 15:06 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta convoca un total de 160 prazas -103 para rendemento e 57 para tecnificación- para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva

Cómpre destacar que nesta convocatoria teranse en conta os resultados dos tres últimos anos -2018, 2019 e 2020- para valorar aos deportistas solicitantes das prazas para o CGTD como medida excepcional pola situación vivida no presente curso pola pandemia provocada pola Covid.19

10/07/20 | 14:35 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta publica unha nova convocatoria para conceder 6 prazas de colaboradores -3 homes e 3 mulleres- no centro galego de tecnificación deportiva

Os beneficiarios das bolsas completan a súa formación como estudantes á vez que se familiarizan con actividades relacionadas coas saídas profesionais dos estudos que están a cursar

10/07/20 | 10:47 | Secretaría Xeral para o Deporte

Aprobado o proxecto de decreto polo que se regula o deporte de alto nivel, de alto rendemento e de rendemento deportivo de base

O proxecto de decreto remítese ao Consello Consultivo que conta cun prazo dun mes para elaborar o ditame como paso previo á súa aprobación e publicación definitiva

09/07/20 | 18:09 | Secretaría Xeral para o Deporte

Xunta e Federación levan a Vigo os campionatos galegos de tenis -absoluto, en cadeira de rodas, benxamín, alevín e cadete- do 17 ao 26 de xullo

Lete Lasa destaca a Lourdes Domínguez, Martín de la Puente e Jessica Bouzas como “pasado, presente e futuro” do tenis galego e que representan os 4.000 tenistas galegos federados

08/07/20 | 13:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a importancia do deporte para contribuír á concienciación da igualdade entre mulleres e homes

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na recepción no Concello de Marín de O Fisgón Futsal, onde resaltou que as súas xogadoras e a súa adestradora son referentes para a mocidade

08/07/20 | 11:13 | Secretaría Xeral para o Deporte

Os deportes de loita e combate, protagonistas da terceira entrega das guías DXT Galego ‘Volvendo con sentidiño’

A nova entrega inclúe unha guía de suxestións para a volta ao adestramento en deportes de loita/combate, controlando o risco de contaxio por coronavirus

03/07/20 | 12:55 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta publica a segunda guía DXT Galego que recolle as recomendacións para a motivación de cara as esixencias do partido e unha guía para o adestramento en deportes de equipo

A guía para a volta ao adestramento en deportes de equipo e control do risco de contaxio por coronavirus, elaborada polo catedrático de Educación Física e Deportiva da Universidade de Vigo, Carlos Lago Peñas, incide en adestrar co menor risco posible de contaxio e afastándose o menos posible da lóxica interna máis substancial de cada deporte de equipo

02/07/20 | 16:52 | Secretaría Xeral para o Deporte
29/06/20 | 16:51 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta publica a primeira entrega das guías DXT Galego ‘Volvendo con sentidiño’ nacidas do consenso do sector “para recuperar canto antes a normalidade”

O secretario xeral asegura que tras un comportamento “escrupuloso” durante os tres meses que tivo vixencia o estado de alarma na nosa Comunidade Autónoma, “a Xunta de Galicia entende que neste momento, garantir a seguridade e a saúde da nosa poboación tamén pasa por recuperar a actividade deportiva”