Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

03/11/21 | 10:36 | C. do Medio Rural

O DOG publica a resolución das axudas de 2020 para plans de mellora, incorporación de mozos á actividade agraria e pequenas explotacións

A Xunta aprobou un total de 1.206 subvencións por importe de 43,25 millóns de euros na última convocatoria realizada, que corresponde á do ano 2020

02/11/21 | 14:30 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural aumenta en case un 8 % o seu orzamento de 2022 para consolidar as actuacións en materia de prevención, recuperación e calidade

En prevención, haberá 12,7 millóns para forestación, 10,5 M€ para silvicultura e boa gobernanza, 5,69 millóns para xestión da biomasa preto das casas, 5 millóns do Plan de Pastos ou unha liña nova de 4,5 M€ para plantar castiñeiros e recuperar soutos

31/10/21 | 11:25 | C. do Medio Rural

A Xunta promocionará no 22º salón gastronómico Xantar de Ourense os produtos galegos de calidade do agro e do mar

A Consellería do Medio Rural terá un espazo institucional propio, dará cobertura a 14 empresas agroalimentarias galegas e organizará outros tantos obradoiros e degustacións a base de produtos galegos de calidade diferenciada

31/10/21 | 11:21 | C. do Medio Rural

A Xunta anima aos veciños e propietarios da Gudiña a implementar a aldea modelo do Seixo para poñer en valor preto de 36 hectáreas de terreo

O instrumento de mobilización recollido na Lei de recuperación da terra agraria implicaría neste caso 225 parcelas dun total de 77 titulares, cunha superficie total de 35,8 hectáreas

29/10/21 | 13:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A gastronomía das diferentes rutas xacobeas centrará a 22ª edición de Xantar en Ourense

O Centro Superior de Hostelería de Galicia acolleu esta mañá a presentación da feira especializada que terá lugar en Expourense a vindeira semana

27/10/21 | 13:43 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a Estratexia do viño para ter un sector consolidado e competitivo nos mercados

Segundo explicou José González, trátase tamén de aumentar o valor engadido dos viños galegos, mellorando a rendibilidade e a sustentabilidade da produción vitícola

26/10/21 | 14:43 | C. do Medio Rural

A Xunta pagará a partires deste xoves preto de 37 millóns de euros correspondentes ao anticipo das axudas da PAC 2021-2022

Un ano máis Galicia estará entre as primeiras comunidades autónomas que pagarán anticipos das axudas da Política Agraria Común (PAC)

26/10/21 | 10:18 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza na implementación dun polígono agroforestal de preto de 70 ha en Cerdedo-Cotobade para o cultivo de mazá de sidra

A figura abranguería 67,88 hectáreas distribuídas en 1.534 parcelas de 278 propietarios e viría aumentar a produción deste cultivo na comarca de Tabeirós-Terra de Montes

25/10/21 | 14:55 | C. do Medio Rural

A Xunta aposta pola calidade diferenciada que ofrecen a agricultura e a gandaría ecolóxicas para aumentar a rendibilidade do sector agroalimentario

José Luis Cabarcos fixo fincapé no valor que presentan no mercado o leite ou a carne ecolóxicos, dado que cada vez máis consumidores se interesan por un xeito de producir máis sustentable e respectuoso co medio ambiente

25/10/21 | 13:52 | C. do Medio Rural

A Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural consolídase como entidade colaboradora para o cumprimento da Lei de recuperación da terra agraria

Tras a sinatura do pertinente convenio, a entidade aconsellará e orientará aos mozos e mozas que se incorporan á actividade agraria e ofrecerá asesoramento a iniciativas de solicitude de polígonos agroforestais ou actuacións de xestión conxunta, no marco da Lei