Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 466 novas da área temática Vivenda:

07/09/22 | 13:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Martina Aneiros visita a nova casa niño financiada pola Xunta en Monfero

A delegada territorial lembrou que actualmente están en funcionamento na comarca as habilitadas nos municipios de A Capela, As Somozas, Cerdido e Moeche
 

02/09/22 | 15:14

A Xunta entrega en Betanzos catro vivendas protexidas rehabilitadas a través do programa Rexurbe, as primeiras na provincia da Coruña

Os inquilinos, escollidos entre os inscritos no Rexistro de demandantes de vivenda, pagarán unha renda de entre 125 e 255 € ao mes por pisos de 1, 2 e 3 dormitorios

22/08/22 | 13:13

A Xunta anima á mocidade a solicitar as axudas para comprar vivenda en concellos de ata 10.000 habitantes, cun orzamento para este ano de 2,55 M€

Estes incentivos poderán pedirse en 257 municipios galegos, 56 máis que na anterior convocatoria, cando estaban limitados a entidades locais de 5.000 veciños ou menos

19/08/22 | 13:05

A Xunta amplía ata o 2 de novembro o prazo para poder optar a préstamos sen xuros para rehabilitar vivendas


Con esta decisión búscase facilitar que as persoas interesadas nalgunha das subvencións convocadas este ano para recuperar ou mellorar a eficiencia enerxética de inmobles residenciais poidan beneficiarse de ambos programas

18/08/22 | 12:01

Os beneficiarios das axudas da Xunta para corrixir impactos paisaxísticos terán un mes máis para poder xustificar as obras realizadas nos seus inmobles

A ampliación do prazo do 30 de setembro ata o 31 de outubro responde ao elevado número de expedientes tramitados este ano e á concentración de solicitudes en zonas territoriais pequenas onde escasea a man de obra especializada neste sector

17/08/22 | 10:23

A Xunta avanza na rehabilitación de dous edificios en Vilalba para convertelos en vivendas de promoción pública

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que se prevé rematar o inmoble da rúa Concepción Arenal a finais deste mesmo ano e o da rúa Ferrería a principios do próximo

12/08/22 | 12:19

A Xunta convoca axudas directas de ata 10.800 € para apoiar a mocidade na compra da súa vivenda habitual

As persoas de entre 18 e 35 anos interesadas en beneficiarse do programa poden presentar as súas solicitudes a partir de mañá e ata o vindeiro 30 de setembro
 

09/08/22 | 13:23

A Xunta convoca catro bolsas de formación remuneradas no IGVS para graduados en titulacións relacionadas coa vivenda

Trátase da terceira edición deste programa, co que se busca completar os estudos académicos e os coñecementos teóricos de persoas que se titularan desde 2019
 

06/08/22 | 13:05

A Xunta concede 1,55 M€ para rehabilitar máis de 40 vivendas de titularidade municipal

Desde 2017, ano da primeira convocatoria desta liña de subvencións, o Goberno galego leva concedidas 197 axudas por importe de 6,67 millóns de euros

28/07/22 | 17:02

A Xunta e a Generalitat valenciana poñen en común as súas políticas de vivenda e a xestión do parque inmobiliario da Sareb

Coinciden na necesidade de buscar novas vías para a transferencia das vivendas da Sareb ás comunidades autónomas para destinalas a alugueiro social