Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 322 novas da área temática Territorio:

30/09/22 | 13:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

Diego Calvo sitúa Galicia como referente nacional para facerlle fronte ao reto demográfico

O vicepresidente segundo da Xunta participou hoxe en Málaga no ‘IV Foro europeo de loita contra o despoboamento e reto demográfico’
 

29/09/22 | 17:57 | C. do Medio Rural

A Xunta impulsará nos vindeiros meses as agrupacións forestais de xestión conxunta da Lei de recuperación para fomentar a sustentabilidade do monte galego

? José González destacou que esta norma xa propiciou a posta en marcha de 21 aldeas modelo e doutros tantos polígonos agroforestais

28/09/22 | 14:58

A Xunta anima aos concellos costeiros a implicarse na redacción da futura Lei de ordenación do litoral en defensa dos seus intereses

Ángeles Vázquez considera necesario impulsar unha norma propia neste eido para responder aos “continuos ataques” do Goberno central aos intereses da costa galega
 

27/09/22 | 12:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra mantén unha reunión de presentación e traballo co novo comisario xefe provincial

Luis López recibiu no edificio administrativo da Xunta en Campolongo a Juan José Díaz Jiménez, ao que lle ofreceu a total colaboración do Goberno galego

17/09/22 | 11:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Atlas de Covas e Canóns de Galicia, que conta coa colaboración da Xunta, suscita grande interese na comunidade espeleolóxica internacional

O Atlas, presentado polo secretario xeral para o Deporte e polos responsables da Federación Galega de Espeleoloxía o ano pasado, deuse a coñecer tamén no Espeleoforum Internacional de Burgos xuntos aos proxectos máis interesantes de todo o país

15/09/22 | 14:44 | C. do Medio Rural

A Xunta estuda a implantación dun novo polígono agroforestal na Peroxa destinado a uso gandeiro no marco da Lei de Recuperación da Terra

Inés Santé e o rexedor acordaron avaliar proximamente a superficie susceptible de incorporarse nesta figura de posta en valor

12/09/22 | 14:01

Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León solicitan comparecer ante o Parlamento Europeo para expoñer a situación “real” do lobo nos seus territorios

As comunidades que concentran o 95% dos exemplares de todo o país subscriben unha carta censurando que o informe sexenal remitido por España sobre o estado do lobo non se corresponde cos datos achegados polos Gobernos rexionais e defenden a necesidade de reforzar o seu peso na xestión destas poboacións

05/09/22 | 10:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Comisión Europea selecciona o proxecto para implantar a FP dual transfronteiriza da Eurorrexión Galicia-Norte Portugal que conta co apoio da Xunta

A iniciativa, que tamén traballará a prol da homologación de títulos entre España e o país luso, vén de ser seleccionada a través do programa B-Solutions no marco da área de emprego e formación

01/09/22 | 14:21 | C. de Política Social e Igualdade
21/08/22 | 14:15

A Xunta encarga por case 150.000 € a cartografía previa para poder redactar os plans básicos de 6 concellos

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de adxudicar este servizo en dous lotes, o que permitirá comezar a traballar sobre o territorio de Antas de Ulla, Chandrexa de Queixa, San Amaro, Negueira de Muñiz, Pantón e Montederramo