Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 235 novas da área temática Portos:

03/05/22 | 13:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co porto de Vigo na remodelación da súa fachada marítima co novo paseo das Avenidas

O vicepresidente primeiro da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, participou hoxe na inauguración da nova pasarela, da que destacou que permitirá comunicar o porto coa cidade e ofrecer unha boa imaxe aos turistas que chegan a Galicia neste Xacobeo a través deste peirao

01/05/22 | 19:21

A Xunta avanza na guía para a integración paisaxística das instalacións dos máis de 120 portos galegos, que se publicará este ano

O obxectivo é que sexa unha ferramenta para integrar os espazos portuarios existentes na paisaxe marítima e na fisionomía das vilas e urbes nas que se localizan co menor impacto

Cun investimento de preto de 40.000 euros, será un dos manuais editados na última década no marco da Colección Paisaxe Galega
28/04/22 | 11:24

Martina Aneiros asegura que a obra do albergue da Casa do Mar comezará en canto o Concello de Ferrol conceda a licenza

A representante do goberno da Xunta mantivo un encontro de traballo co presidente da Autoridade Portuaria, Francisco Barea

24/04/22 | 10:17

A Xunta inviste máis de 250.000 euros na construción da nova lonxa de Canido coa previsión de que entre en servizo no segundo semestre deste ano

O novo edificio pretende dar resposta ás necesidades operativas da confraría viguesa e complementa a zona de poxa cun pequeno espazo para usos complementarios

22/04/22 | 15:09

Portos de Galicia amosa a súa sorpresa ante a negativa dalgúns concellos a colaborar para facilitar a práctica da pesca recreativa nos peiraos

    O ente público traballa cos afeccionados á pesca deportiva na ampliación de espazos e horarios para realizar esta actividade en 29 portos autonómicos dos que en 25 está condicionada á colaboración dos concellos para o auxilio e control desta práctica

06/04/22 | 17:55

A Xunta presenta o proxecto de adecuación e humanización do acceso ao porto de Raxó, que recolle actuacións en solo municipal

A presidenta de Portos de Galicia e o delegado territorial do Executivo galego en Pontevedra deron a coñecer ao Concello de Poio, a confraría e outras entidades locais as modificacións realizadas na proposta técnica inicial co obxecto de satisfacer as demandas dos participantes na última reunión

01/04/22 | 13:45

A Xunta inviste preto de 700.000 euros en melloras nos edificios de uso profesional do porto de Celeiro, en Viveiro

A presidenta de Portos de Galicia visitou as obras de renovación da cuberta do edificio náutico-pesqueiro e anunciou que proximamente comezarán as actuacións para o acondicionamento da nave de redes

31/03/22 | 17:58

Portos de Galicia expón aos pescadores recreativos a ampliación de espazos e horarios habilitados para esta práctica nos peiraos autonómicos

O ente público emitirá unha resolución con cambios nas condicións xerais en base ás alegacións recibidas das partes interesadas e que entrará en vigor nas vindeiras semanas