Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

07/11/22 | 11:50 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta apoia o desenvolvemento socioeconómico dos sectores do mar e do turismo nas XX Xornadas Gastronómicas da Centola do Grove

O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, participou na presentación oficial desta exaltación gastronómica, organizada pola asociación de empresarios Emgrobes, no Museo da Salgadeira coa presenza do alcalde, José Cacabelos
 

06/11/22 | 11:57

Mañá comeza a campaña extractiva da centola nas provincias da Coruña e Pontevedra

Na provincia de Lugo a centola permanecerá en veda ata o vindeiro 27 de novembro, día incluído

04/11/22 | 15:23

Doce proxectos dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro aspiran a converterse nas catro mellores accións para dinamizar o litoral de Galicia

Os galardóns distinguirán ás mellores iniciativas de apoio á pesca costeira artesanal, creación de emprego, diversificación de actividades e economía circular
 

04/11/22 | 13:43

Galicia e Bretaña francesa coinciden na necesidade de defender o sector ante decisións inxustificadas e sen base científica como o veto á pesca de fondo

A conselleira do Mar urxe ao Goberno central a presentar o recurso xudicial contra esta decisión pois o prazo remata o vindeiro 19 de novembro, en apenas dúas semanas, e a solicitar a suspensión temporal da súa aplicación

31/10/22 | 17:27

A Consellería do Mar destina en 2023 preto de 15M€ a axudas extraordinarias para o sector coas que paliar as consecuencias económicas da guerra en Ucraína

Estes apoios son para a frota, a acuicultura e a industria transformadora, esta última excluída das achegas estatais polo impacto do conflito bélico

28/10/22 | 12:01

Os profesionais do mar están chamados a votar mañá nas eleccións ás confrarías de pescadores de Galicia

Todas as mesas electorais abrirán ás 10,00 horas e permanecerán abertas, na maioría dos casos, ata as 14,00 horas, un horario de votación que nalgúns pósitos se estenderá ata as 16,00, 17,00 ou 18,00 horas

26/10/22 | 13:22

Galicia urxe ao Goberno central a presentar canto antes o recurso xudicial contra o veto á pesca de fondo en 87 zonas de augas comunitarias

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica detallou que a comunidade conta coa argumentación xurídica, técnica e socioeconómica para armar o recurso e que xa lle foi entregada tanto ao Goberno central como ás asociacións de armadores

25/10/22 | 11:08

A Xunta salienta a aposta constante do sector pola mellora na venda dos seus produtos coa creación de distintas ecoetiquetas

O Executivo galego enxalza a contribución de investigadores como o Grupo de Biotecnoloxía Ambiental da Universidade de Santiago de Compostela, que creou ferramentas como o selo Pescaenverde para dar a coñecer a baixa pegada de carbono e nula pegada hídrica do sector pesqueiro

21/10/22 | 12:29

A Xunta destina en 2023 máis de 11 M€ aos grupos de acción local do sector pesqueiro para garantir o seu labor na transición ao novo Fondo Pesqueiro Europeo

O fin é que os GALP continúen coa súa actividade de dinamización socioeconómica das zonas costeiras ao tempo que avanzan nas novas estratexias de desenvolvemento local participativo que rexerán no próximo período de programación financeira