Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 539 novas da área temática Industria:

19/11/22 | 12:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta activa unha nova liña de apoios para facer dos clústeres emerxentes impulsores da innovación e o desenvolvemento sostible entre o tecido empresarial

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o vindeiro 15 de decembro e as axudas céntranse na posta en marcha de plans estratéxicos e proxectos orientados ao fomento da dixitalización, a innovación e a internacionalización que dean soporte ao papel dinamizador que os clústeres teñen na actividade económica de Galicia

18/11/22 | 21:42 | A Presidencia da Xunta

Rueda resalta a importancia dos emprendedores galegos que desprenden talento, iniciativa e confianza ante a actual incerteza

Subliña que os Orzamentos de 2023, que serán aprobados en tempo e forma grazas á estabilidade, incluirán máis de 8,5 M€ para apoiar o sector vitivinícola

17/11/22 | 20:38 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que a fábrica de Windar en Navantia Fene consolidará o liderado de Galicia na industria de compoñentes da eólica mariña

Asegura que é un dos proxectos que marcará un antes e un despois na industria da zona, que se está preparando para ser un referente da transición enerxética xusta

17/11/22 | 19:06

A Xunta ve necesario contar con datos científicos actualizados para tomar decisións adaptadas á realidade do sector marítimo-pesqueiro

Rosa Quintana sinalou que o veto á pesca de fondo establecido pola Comisión Europea é unha medida arbitraria e sen base científica que difire co equilibrio entre os aspectos medioambientais, económicos e sociais que defende a Política Pesqueira Común

17/11/22 | 15:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a 15 axencias de viaxe das comarcas de Santiago, Barbanza e Costa da Morte con máis de 110.000 € para axudar ao desenvolvemento das súas actividades

A convocatoria deste ano para este sector contou cun ozamento de 650.000 euros para gastos derivados da creación do produto e/ou comercialización do destino Galicia e gastos derivados da transformación dixital

17/11/22 | 13:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta de Galicia inxecta preto de 400.000 euros na comarca en axudas a través do grupo de acción local do sector pesqueiro Golfo Ártabro Norte

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá a Panadería Patricio, beneficiaria dunha achega de preto de 146.000 euros

16/11/22 | 17:23 | C. de Economía e Industria

A Xunta presenta na edición inaugural de Sedexpo as tecnoloxías do futuro dos sistemas non tripulados

O Polo Aeroespacial de Galicia terá unha importante presenza nesta primeira Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, que se celebra desde mañá e ata o sábado en Silleda

15/11/22 | 17:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta presenta en Miami o labor que está a facer Galicia desde a colaboración público-privada para dar resposta aos novos retos industriais

Conde mantivo unha xuntanza co director do departamento de Investimento estranxeiro e loxística, comercio internacional e desenvolvemento de Enterprise Florida, Carlos Guerra

15/11/22 | 13:04 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia impulsa a mellora dos accesos ao parque empresarial de Outeiro de Rei cun apoio de máis de 114.000 €

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, visitou hoxe as actuacións, que se enmarcan dentro do traballo da Administración autonómica para mellorar e crear novas infraestruturas sostibles nas áreas industriais e impulsar a atracción de novos investimentos cara aos municipios galegos
 

14/11/22 | 15:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Un total de 8 empresas da comarca da Coruña do sector agroalimentario recibirán máis de 5 M€ en axudas para a transformación e comercialización de produtos agrarios

O delegado da Xunta visitou a empresa SAT Queinaga, unha das beneficiarias con máis de 1,4 millóns euros para levar a cabo a ampliación das súas instalacións