Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 834 novas da área temática Igualdade:

25/11/22 | 13:18

A Xunta forma máis de 4.000 mulleres da provincia de Pontevedra en capacidades informáticas e tecnolóxicas co programa 'Galegas Dixitais'

O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, visitou esta mañá esta actividade en Vilagarcía de Arousa, que conta coa participación de 26 mulleres, e que tamén se celebra en Cambados e O Grove e chegará a Catoira, Pontecesures, Vilanova de Arousa, Ribadumia, Meis, Meaño e A Illa de Arousa
 

25/11/22 | 12:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén subliña que poñer fin á violencia contra as mulleres é un obxectivo irrenunciable e prioritario

O delegado territorial destacou que a Xunta de Galicia, por medio do Observatorio Galego da Violencia de Xénero, “segue na acción de loita contra este problema e quere animar a todas as galegas e galegos a tomar conciencia pública co único obxectivo de acadar unha sociedade libre de violencia”

25/11/22 | 12:50

Lorenzana entrega os premios aos centros escolares recoñecidos no certame gráfico e audiovisual convocado pola Xunta polo 25-N

A conselleira da Igualdade puxo en valor as propostas presentadas que destacaron pola súa orixinalidade e carácter reflexivo
 

23/11/22 | 17:32

Lorenzana apunta no Parlamento que Galicia rematará 2022 co 100% dos obxectivos cumpridos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero

A conselleira da Igualdade, María Jesús Lorenzana, indicou que o éxito da estratexia das medidas da Xunta enmarcadas no Pacto de Estado radica na transversalidade acadada con outros departamentos autonómicos, concellos e entidades
 

23/11/22 | 15:58

A Xunta e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia colaboran para facer máis accesibles as visitas aos parques naturais con intérpretes de signos

A Federación apoiará á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda cun servizo de intérprete de lingua de signos tanto nos actos e eventos de carácter institucional como nas visitas guiadas de grupos a estes espazos naturais

23/11/22 | 15:44 | C. de Sanidade

O Sergas continúa a mellorar a protección das persoas traballadoras na sanidade pública durante o embarazo

Estas medidas enmárcanse na execución do I Plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no Servizo Galego de Saúde