Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 108 novas da área temática Facenda:

21/10/21 | 14:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora con Unicef para garantir a educación e a protección dos menores afectados polo terremoto de Haití

A Vicepresidencia Primeira, a través da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, colabora con 40.000 euros nas accións postas en marcha pola ONGD en auxilio da poboación dos departamentos do sur afectados polo movemento sísmico, coa previsión de chegar a 840 alumnos de 23 escolas

17/10/21 | 12:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colaborou na posta en marcha do centro de cancro de mama Valeriano Martínez destinado ás persoas refuxiadas dos campamentos saharauís

O centro inaugurado o pasado mércores leva o nome do conselleiro de Facenda e Administración Pública falecido a semana pasada

13/10/21 | 10:19 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 495 casos activos por coronavirus

Un total de 179.529 pacientes xa están curados

21/09/21 | 13:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea recibiu hoxe ás persoas beneficiarias das bolsas de formación en cooperación internacional para o desenvolvemento

01/09/21 | 18:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia comparte con expertos internacionais en Portugal o modelo galego de éxito na xestión do pasado curso ante a covid

Apunta a importancia de ter acadado un ensino practicamente 100% presencial, algo que non lograron outras comunidades autónomas e países

28/08/21 | 12:08

A Consellería de Emprego e Igualdade impulsará a economía social e o cooperativismo no 24º Salón da Alimentación do Atlántico, Salimat 2021

A Consellería de Emprego e Igualdade participará un ano máis nesta cita co fin de contribuír á promoción das empresas de economía social e das cooperativas galegas

19/08/21 | 09:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora con Farmamundi na atención das necesidades máis urxentes da poboación afectada polo terremoto de Haití

O Goberno galego activa o convenio coa ONGD para mellorar as condicións de saúde e a seguridade alimentaria en varias comunas do departamento Nippes, Sur e Grand´Anse, na zona sur e oeste do país

18/08/21 | 10:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta asina un convenio coa Asociación Solidaridad para el Desarrollo y la Paz para adquirir 360.000 xiringas coas que vacinar contra a covid á poboación cubana

O Goberno galego destina 30.000 euros a este acordo, que se encadra no compromiso adquirido na Estratexia de resposta á covid-19 da Cooperación Galega para afrontar a emerxencia sanitaria

17/08/21 | 09:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta asina un convenio co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para a reconstrución de vivendas en Mozambique

O obxectivo é recuperar as construcións afectadas por ciclóns no municipio de Boane e formar ao persoal técnico ante futuras crises provocadas polo cambio climático