Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

24/11/22 | 18:44 | C. de Economía e Industria

Galicia senta as bases para impulsar a cadea de valor do hidróxeno verde e xerar pegada industrial

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou esta tarde na reunión previa para a constitución da Alianza industrial do hidróxeno verde

24/11/22 | 15:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta consolida o apoio aos concellos para a construción e mellora de infraestruturas con 3,5 M€ de orzamento en 2023

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou hoxe o pavillón polideportivo de Boimorto, que contou cunha achega de case 34.000 euros por parte do Goberno galego

23/11/22 | 21:20 | A Presidencia da Xunta

Rueda advirte da necesidade de crear un clima social propicio con políticas estables para que as empresas poidan xerar riqueza

Resalta o carácter emprendedor do empresariado galego que traballa para xerar emprego e a “valentía” dos bancos que arriscan o seu patrimonio

23/11/22 | 14:58 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta abre o prazo de solicitude dos bonos dixitais para facilitar a contratación de banda longa a colectivos vulnerables

Dende mañá poderanse solicitar os bonos para a redución mensual de ata 20 euros no custe do servizo de internet

23/11/22 | 12:51 | C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta de Galicia salienta que a implicación dos empregados públicos coa innovación permite ofrecer un servizo máis accesible e de máis calidade á cidadanía

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, participaron na entrega do IV Premio empregados/as públicos/as innovadores/as
 

22/11/22 | 20:33 | A Presidencia da Xunta

Rueda reedita o compromiso da Xunta coas empresas familiares por representar con nomes e apelidos a puxanza de Galicia

Resalta que este tipo de compañías xeran o 86 % do emprego privado da comunidade e representan o 85 % do Valor Engadido Bruto Empresarial de Galicia

22/11/22 | 13:35 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o papel de Roberto Verino como embaixador da moda galega

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, participou en Santiago de Compostela na inauguración da exposición ‘40 anos de Estilo Verino’

22/11/22 | 13:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta o seu compromiso coa economía circular e pon en valor a importancia do proxecto de Ence nas Pontes para a reactivación industrial da comarca

 O director do Igape, Fernando Guldrís, participa no encontro mantido coa Asociación de Empresarios Seara para avaliar as posibilidades do proxecto

21/11/22 | 14:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que Airbus, Babcock e Telespazio contribuirán á consolidación da BFaero e ao desenvolvemento dos proxectos participantes

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou en Lugo na xornada de benvida aos participantes na 4ª edición da Business Factory Aero