Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

10/12/22 | 16:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Fernández-Tapias e Anxo M. Lorenzo presentan o tradicional Certame de Rondallas que reunirá no Ifevi a 14 agrupacións da área de Vigo

A delegada da Xunta en Vigo e o director xeral de Cultura avanzaron os detalles da quinta edición da exhibición que se celebrará o vindeiro 15 de xaneiro

10/12/22 | 12:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta facilita a visita ao público e dota de material multimedia o campamento romano de Ciadella

Neste último ano realizáronse tres proxectos de estudo con xeorradar, restitución de estruturas e mellora do percorrido guiado con códigos QR e vídeos informativos

09/12/22 | 12:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os certames ‘Inventa en galego’ e ‘Novos poliedros’ premian a innovación científica e o uso da lingua galega entre a mocidade

O secretario xeral de Política Lingüística participa na entrega do galardón do concurso ‘Inventa en galego’ ao instituto IES Plurilingüe Eusebio da Guarda (A Coruña)

08/12/22 | 20:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Unha nova achega da Xunta no Colexio do Cardeal eleva o investimento en rehabilitación a case 800.000€

O Goberno galego destinará máis de 110.000€ á restauración do retablo da capela das Reliquias, que se adxudicará a finais de ano cun prazo de execución de nove meses

08/12/22 | 12:20 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta premia á coruñesa Fernanda Rodíguez Miguélez na especialidade de Arte Urbana do programa Xuventude Crea

En segundo lugar quedou Elvira López Rodríguez, de Ribadeo, mentres o terceiro galardón foi para Andrea Otero Vázquez, natural de Ribadavia

06/12/22 | 10:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta incrementa o apoio aos museos galegos para a actualización e conservación dos seus fondos e mellorar a súa difusión

Ábrese a nova convocatoria das axudas por 200.000 euros das que, na primeira edición, xa se beneficiaron unha vintena de centros públicos e privados

05/12/22 | 14:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta presenta este xoves os traballos de rehabilitación realizados no Colexio do Cardeal de Monforte cun concerto de Rosa Cedrón e Emilio Rúa

O Goberno galego vén de rematar a actuación na igrexa, claustro e áreas de visita pública deste Ben de Interese Cultural cun investimento de 500.000€
 

05/12/22 | 13:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Alumnado do centro de educación especial López Navalón presenta as pezas creadas para a entrega dos premios Rebulir da cultura galega

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor e o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez participaron no acto de entrega dos galardóns aos organizadores do festival

05/12/22 | 11:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura presenta un nadal con obradoiros, teatro, visitas especiais e unha edición renovada do Galiverso para gozar en familia

A Xunta comeza o 16 de decembro o ‘Nadal no Gaiás’ co acendido das luces e a apertura do ‘Bosque de papel’, unha instalación que nos traslada ao interior dunha fraga invernal habitada por raposos, coellos, paxaros e flores
 

03/12/22 | 12:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez loa o papel do Ano Laxeiro por levar o nome de Lalín a prestixiosas institucións culturais de Madrid e París

O titular de Cultura da Xunta salienta a ampla programación desenvolvida este ano e a alta carga simbólica e sentimental que supón a mostra na vila natal do autor