Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 333 novas da área temática Conservación da natureza:

09/05/22 | 12:03

Galicia e Dinamarca estudan posibles sinerxías entre os seus modelos de valorización de residuos

Estes contactos a nivel técnico enmárcanse na visita institucional da conselleira de Medio Ambiente ao país nórdico o pasado novembro, durante a que as autoridades de ambas rexións acordaron compartir información e explorar liñas de colaboración

08/05/22 | 13:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do rego de Conces ao seu paso polos concellos de Neda e de Fene

Estes traballos realizáronse ao seu paso por distintos lugares das parroquias de Santa María de Neda e de San Salvador de Fene

03/05/22 | 17:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Plan de control de vertidos da Xunta permite que o 87% dos puntos rexistrados actualmente na ría de Arousa non sexan contaminantes

Teresa Gutiérrez detalla que os vertidos catalogados como contaminantes representan só o 11 % do total nesta ría, atopándose un 2% en investigación

03/05/22 | 13:00

A Xunta destinará 475.000 € a restaurar a vexetación de ribeira, eliminar especies invasoras e retirar obstáculos ao longo de 31 km do río Sor

A intervención, que comezará sobre o terreo a mediados de maio, está enmarcada no proxecto Mil Ríos, cun orzamento global de 5 M€ procedentes de fondos europeos e que busca optimizar a resposta de 50 canles fluviais galegas ante o cambio climático

30/04/22 | 16:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Chamoselo e Eume, no concello das Pontes de García Rodríguez

Estes traballos enmárcanse nas actuacións de mantemento que se veñen realizando nas áreas con risco potencial de inundacións

30/04/22 | 13:37

A Xunta colaborará coa Obra Social de Abanca na recollida de residuos mariños na illa de Sálvora no marco da segunda edición do proxecto Plancton

O ano pasado, nas actuacións de limpeza desenvolvidas en distintas zonas costeiras, principalmente da comarca de Arousa, recolléronse 19 toneladas de lixo

27/04/22 | 13:40

A Xunta declara as Fragas e Brañas do Alto Gaiteiro, en Mesía, espazo privado de interese local, o primeiro na provincia da Coruña

Ao mesmo tempo tamén aproba as normas de xestión e conservación, ás que o promotor destinará case 35.000 euros nos próximos cinco anos para manter a biodiversidade deste espazo de 74,5 hectáreas

27/04/22 | 11:52

A Xunta logra que o Goberno central compute a poboación de Ons e Cíes no reparto das axudas para actuacións na área de influencia do Parque Nacional

Este axuste poboacional xa se estaba aplicando no caso dos Picos de Europa e Galicia levaba tempo reclamando que se tivera en conta tamén nas Illas Atlánticas

26/04/22 | 12:43

A Xunta inicia a tramitación para dotar á Reserva de Biosfera Transfronteiriza Xurés-Gerês dun plan de xestión propio

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda comezou esta semana o proceso de participación pública desta ferramenta para equilibrar os usos e a conservación dos valores deste espazo natural

12/04/22 | 13:14

A Xunta investirá 450.000 € no río Lérez para mellorar os hábitats fluviais, suprimir barreiras para os peixes migradores e retirar especies invasoras da ribeira

A intervención enmárcase no proxecto Mil Ríos, financiado con fondos europeos e que busca optimizar a resposta de 50 canles fluviais galegas ante o cambio climático