Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 589 novas da área temática Auga:

07/10/22 | 16:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta mantén a situación de seca prolongada en toda a Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa ao manterse os baixos niveis dos ríos e dos encoros

No ano hidrolóxico que rematou o pasado 30 de setembro rexistrouse case un 45% menos de precipitacións que a media dos últimos 10 anos
 

07/10/22 | 15:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez subliña a culminación do proceso de renovación do sistema de saneamento e depuración das augas residuais de Rianxo tras un investimento de 14 M€ e máis de 10 anos de traballo

As novas infraestruturas hidráulicas quintuplican a capacidade de tratamento das augas residuais na actual depuradora e reducen nun 85% os vertidos de auga sen depurar en tempo de choiva, acadando a eliminación total en tempo seco

05/10/22 | 13:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 9 M€ as obras de renovación do sistema de saneamento de Vilagarcía de Arousa

Substituiranse os colectores na avenida de Rodrigo de Mendoza e construiranse dous tanques de tormentas e un treito de colector na avenida de Cambados co obxectivo de solucionar as deficiencias nas redes

01/10/22 | 12:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta colabora co Concello de Quiroga para restablecer as infraestruturas de abastecemento de auga danadas polos incendios mediante un investimento de case 140.000 €

O obxectivo é repoñer a tubaxe danada en xullo na zona de captación de Leixazós para dar servizo a 1.289 veciños da Ermida, San Vitorio, Pacios de Mondelo e do casco urbano de Quiroga
 

30/09/22 | 12:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta colabora na mellora do sistema de depuración e saneamento de augas residuais do concello de Muros cunha achega superior aos 54.000 euros

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe a localidade para coñecer as actuacións desenvolvidas nos lugares de Torea e Serres ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental

29/09/22 | 11:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 50.000 € a completar a rede de saneamento no núcleo de Galegos, en Riotorto

As obras en execución comprenden a canalización das tubaxes e a construción dun novo conxunto de depuración

28/09/22 | 15:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita por máis de 857.000 € as obras da nova depuradora de Urdilde, que se iniciarán antes de que remate o ano

Trenor explicou que Augas de Galicia executará e financiará as obras nun 80% que resolverán as carencias de funcionamento da actual depuradora, os problemas de acceso para realizar as operacións de mantemento e acurtará a distancia ata o punto de vertido
As empresas interesas teñen de prazo ata o 28 de outubro para presentar as súas ofertas

27/09/22 | 12:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Muíños colaboran na mellora do sistema de abastecemento municipal en varios núcleos do municipio

A Xunta financiará integramente as actuacións, achegando 48.000 €, e asesorará tecnicamente á administración local para optimizar a calidade de subministro de auga potable os veciños dos núcleos do Agrelo, Pazó e das Maus de Salas
 

23/09/22 | 16:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Oficina Técnica da Seca eleva á situación de alerta por escaseza os sistemas de Zamáns e Baíña que abastecen aos concellos de Nigrán, Baiona e unha parte de Vigo

Tamén se amplía a prealerta por escaseza de auga ao sistema do río Verdugo, ría de Vigo e de Baiona, e ao sistema da costa de Pontevedra

22/09/22 | 15:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza nos traballos previos da mellora do sistema de saneamento dos concellos de Cee e de Corcubión, que suporá un investimento de máis de 8 M€

Técnicos de Augas de Galicia e da empresa adxudicataria mantiveron hoxe unha reunión co Concello de Cee para abordar a organización das obras, que comezarán nas primeiras semanas do outono