Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 720 novas da área temática Xacobeo:

05/10/20 | 18:11 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta publica as bases dunha nova edición das axudas a deportistas galegos de alto nivel

O prazo de presentación de solicitudes comeza mañá martes 6 de outubro

03/10/20 | 11:26 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta crea o Foro de Reactivación do Deporte Galego para a proposta e análise das medidas que garantan a recuperación sostible do sector

A creación do foro que, cunha análise e perspectiva sectorial e dende o consenso, poida ser o xerme de propostas que coadxuven á reactivación do sector deportivo no seu sentido mais amplo mostra a firme aposta da Xunta polo traballo conxunto de todo o tecido deportivo

02/10/20 | 17:47 | C. de Sanidade; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta insiste na necesidade de tests serolóxicos para os deportistas e os equipos que compitan con contacto como medida provisional para protexer a toda a poboación

O conselleiro de Sanidade remite unha carta ao ministro do ramo ofrecendo a colaboración da Xunta a contribuír á “mellora da sanidade, nomeadamente no que respecta ás probas covid-19 a realizar no ámbito das competicións oficiais non profesionais de ámbito estatal”

02/10/20 | 14:43 | Secretaría Xeral para o Deporte

A plataforma DAFIS da Xunta de Galicia continúa recollendo premios tras ser recoñecida como exemplo de boas prácticas pola OMS en 2018

Leva o segundo accésit dos Premios Naos 2020, un premio que repite sete anos despois de ser galardoada co primeiro accésit

30/09/20 | 12:50 | Secretaría Xeral para o Deporte

A atención aos deportistas do CGTD no curso 2020/2021 complétase coa concesión de 6 prazas de colaboradores

Serán 4 mulleres e 2 homes que se desempeñarán como persoal de apoio no eido educativo e asistencial a residencia para a atención dos deportistas menores de idade

29/09/20 | 12:11 | Secretaría Xeral para o Deporte

O DOG publica o decreto do deporte de alto nivel, de alto rendemento e de rendemento deportivo de base de Galicia, a nova norma do deporte galego

Galicia dá un importante impulso á protección do sistema deportivo do país, convertendo a súa nova norma nunha das mais actuais e completas do Estado

28/09/20 | 14:10 | Secretaría Xeral para o Deporte

Todos os tests serolóxicos realizados a deportistas, adestradores e persoal do CGTD no inicio do curso, son negativos

Estes tests serán repetidos na súa totalidade cada dúas semanas para controlar a poboación do centro

26/09/20 | 09:22 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta de Galicia lanza o primeiro Plan de patrocinio dos equipos de alta competición femininos de Galicia

Este plan xurde da colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Secretaría Xeral para o Deporte e conta cun orzamento de 150.000 euros

25/09/20 | 14:10 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa acompaña no inicio do curso aos bolseiros do CGTD que este ano terá un 5% máis de prazas

Anímaos nesta nova etapa e refírese a eles como “a esperanza dunha xeración marcada polos desafíos e as dificultades”