Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

15/06/22 | 18:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta chama aos grupos políticos e aos concellos a sumar esforzos na defensa dun mapa estatal de autobuses sensible coas necesidades de Galicia

Vázquez Mourelle manifesta o rexeitamento do Goberno galego ao mapa estatal de de transporte por estrada, que reduce un 47% as rutas e deixa o 74% dos concellos sen parada, supoñendo a desconexión de 3 millóns de persoas en toda España

15/06/22 | 15:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 715.000 € as obras da 1ª fase de mellora da estrada OU-402, no concello de Arnoia

Actuarase nun treito de case 1,6 km da vía que carece de beirarrúas, de beiravías e de zona para peóns

15/06/22 | 13:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca a licitación das obras de renovación das beirarrúas da estrada PO-226 en Moraña, un investimento de máis de 387.000 euros que estará concluído na primavera de 2023

Mellorarase un treito de 300 metros da que é a vía principal do municipio, desde a intersección que dá acceso á Casa do Concello ata o límite do núcleo urbano, renovando as beirarrúas e adaptándoas á nova normativa de accesibilidade e rehabilitando o firme dos carrís de circulación

15/06/22 | 13:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 1,3 M€ as obras de mellora do firme na autovía AG-64 ao seu paso por Narón, San Sadurniño, As Somozas e As Pontes

Acondicionarase e rehabilitarase o firme nos primeiros 40 quilómetros da autovía que comunica Ferrol e Vilalba

14/06/22 | 17:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforzará os servizos e optimizará as frecuencias nas liñas de autobús entre Portomouro e Santiago para atender a demanda das parroquias do norte de Ames

Entre as melloras nas que está a traballar recóllese un novo servizo ás 13,00 horas de Santiago a Portomouro, atendendo á solicitude do Concello de Ames

14/06/22 | 15:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o concello do Carballiño selan a cooperación para a execución dunha parada de autobús intermodal na estación de ferrocarril, que suporá un investimento autonómico de 190.000 €

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade asume integramente o financiamento, a redacción do proxecto, a licitación e a execución das obras

14/06/22 | 15:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
13/06/22 | 16:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e Adega renovan a cooperación para fomentar entre a mocidade o coñecemento e o coidado dos recursos fluviais de Galicia a través do ‘Proxecto ríos’

O Goberno galego, a través de Augas de Galicia, financia con 50.000 € este programa de voluntariado e educación ambiental, que conta con apoio técnico do Instituto de Estudos do Territorio

13/06/22 | 14:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que a Xunta investirá 395.000€ nas novas sendas de Mabegondo e Montouto, que estarán ao servizo dos veciños de Abegondo a finais do verán de 2023

Vázquez Mourelle salienta que os interesados poden presentar achegas a este proxecto ata o vindeiro 27 de xullo e que o obxectivo é licitar as obras en outono para inicialas no 1º trimestre de 2023

13/06/22 | 13:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste 56.000 euros na mellora dun treito da estrada autonómica LU-861 ao seu paso por Vilalba e Xermade

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que as obras consisten no reforzo do firme nas partes que o precisan e o repintado da sinalización horizontal