Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

03/06/22 | 18:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O circuíto de Feiras do libro 2022 recala desde hoxe en Vilalba co apoio da Xunta

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na inauguración desta cita coa cultura na capital da Terra Chá

03/06/22 | 14:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e Afundación convidan a descubrir na exposición ‘Santiago de Compostela no tempo’ a identidade e herdanza cultural da capital galega

Comisariada por Manuel Gago, a mostra exhibe xoias como o libro máis antigo conservado en Galicia, relicarios dos séculos XI e XIX procedentes de Bélxica, ou o baleirado do petróglifo de Conxo, de 1935

03/06/22 | 13:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O CGAC afonda na memoria da paisaxe coa mostra ‘Nalgures’ da australiana Narelle Jubelin

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na presentación da exposición, que pode visitarse ata mediados de outubro

03/06/22 | 13:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reúne máis de 160 profesionais e recupera a presenza de público xeral no noveno mercado Galicia Escena Pro

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, presenta a programación que se desenvolverá en Santiago de Compostela do 6 ao 9 de xuño baixo a organización compartida entre a Consellería de Cultura e a asociación Escena Galega

02/06/22 | 13:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e Afundación exhiben na mostra ‘Santiago de Compostela no tempo’ o libro máis antigo conservado en Galicia tras 20 anos sen saír da biblioteca universitaria da USC

Trátase do ‘Libro de horas de Fernando I’, pertencente á Universidade de Santiago e datado en 1055 que se poderá ver no marco do proxecto ‘Cidades no tempo’

02/06/22 | 10:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A produción do Centro Dramático Galego ‘Ás oito da tarde, cando morren as nais´ despídese o domingo na Estrada despois de 33 funcións en Galicia e Portugal

Estará desde hoxe ata o domingo no Teatro Principal estradense, cunha sesión inicial dirixida a centros de ensino e as outras tres para o público xeral

01/06/22 | 16:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O director de Industrias Culturais da Xunta presenta o programa ‘Territorio Cultura’ nun foro rural en Asturias

Galicia é a primeira Comunidade en poñer en marcha estas subvencións para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas a través de fondos europeos

01/06/22 | 12:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e Afundación reivindican a Galicia urbana cun ambicioso proxecto de sete exposicións sobre a identidade das principais cidade galegas

A iniciativa ‘Cidades no tempo’, comisariada por Manuel Gago e coa participación dun equipo de máis de 60 especialistas, representa unha das propostas expositivas máis complexas organizadas en Galicia

31/05/22 | 15:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta traslada aos centros as instrucións para facilitar a planificación do vindeiro curso e dar seguridade xurídica aos docentes e certezas ás familias

Estas indicacións regulan a transición entre cursos e entre etapas derivada da aplicación simultánea das dúas leis educativas que van estar en vigor ao longo do curso 2022-23, a nova LOMLOE para os cursos impares e a LOMCE para os cursos pares