Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 589 novas da área temática Auga:

24/01/20 | 12:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta vén de mellorar a estación de tratamento de auga potable de Canaval, en Sober, cun investimento de 32.000 euros

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, lembrou que recentemente tamén rematou no municipio a ampliación da rede de saneamento aos núcleos de Ferrón, Suairexa e O Piñeiro, cun investimento de 243.000 euros

22/01/20 | 12:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comezará en febreiro as obras de saneamento de Santa María de Melide, tras adaptalas ás exixencias do Ministerio de Fomento

O Goberno galego investirá máis de 116.000 euros para dotar á parroquia dun novo sistema de saneamento que recolla as augas residuais urbanas naquelas vivendas carentes deste servizo e a súa conexión coa rede xeral

20/01/20 | 12:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que a mellora do saneamento de Pontedeume, cun investimento de 4,2 millóns de euros, estará rematada a comezos de 2021 en beneficio da calidade de vida e da actividade marisqueira

Vázquez Mourelle indica que para solucionar as carencias no sistema de saneamento nesta contorna, a Xunta está a executar un novo colector adecuado ás necesidades actuais, seguindo o mesmo trazado do existente

14/01/20 | 16:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta proponlle ao Goberno de España un acordo global de colaboración para impulsar conxuntamente as obras de saneamento máis prioritarias para Galicia

O Goberno galego aposta polo cofinanciamento para executar as obras necesarias en Ames, A Illa de Arousa, Ponteareas, Sanxenxo e Raxó, Salvaterra de Miño ou Monforte de Lemos

11/01/20 | 16:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta trasladará a vindeira semana ao Goberno de España as principais necesidades de Galicia en materia de abastecemento e saneamento das augas

O Goberno galego interesarase polas previsións relativas á dragaxe da ría do Burgo, tendo en conta o compromiso do Executivo de cofinanciar a actuación con fondos europeos

11/01/20 | 12:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de 6 empresas presentan as súas ofertas para a explotación e mantemento do encoro de Eiras

O contrato, cun orzamento de 500.000 euros, terá unha vixencia de 24 meses

11/01/20 | 11:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Lei de medidas de garantías de abastecemento entra hoxe en vigor para reforzar a planificación e a resposta coordinada fronte á seca e garantir a subministración de auga á poboación

Promove a maior eficiencia e responsabilidade na xestión das reservas hídricas e fixa os protocolos de actuación a seguir por cada administración en caso de alerta, facilitando a máxima axilidade na adopción de medidas extraordinarias

08/01/20 | 14:09 | C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforzará o control da calidade das masas de auga en Galicia coa utilización de vehículos non tripulados que permitirán mellorar a preservación dos ecosistemas fluviais e costeiros

Ethel Vázquez explica que o sistema se enmarca no proxecto MAR-2, cun investimento autonómico de 2,5 M€ na compra pública innovadora dun servizo de automatización de mostraxes de auga con drons

03/01/20 | 12:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investirá 3,1 millóns de euros no seguimento e control da calidade as augas da demarcación hidrográfica Galicia-Costa a través do Laboratorio de Medio Ambiente

As Consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e de Infraestruturas e Mobilidade asinaron un convenio para blindar os protocolos de control