Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia acollerá unha incubadora que impulsará novas rutas culturais no Caribe e Ibeoramérica partindo do modelo de éxito do Camiño de Santiago
O Edificio Fontán acollerá o 28 e 29 de xuño este programa de fortalecemento formativo cunhas primeiras xornadas nas que participarán expertos de prestixio no ámbito do patrimonio para apoiar proxectos de emprendemento neste eido
A campaña ‘Toponimízate’ 2022 difundirá o valor da toponimia galega en 17 concellos co apoio da Xunta
As sesións formativas da campaña difundirán a importancia da riqueza toponímica galega e procurarán novas persoas colaboradoras para o proxecto ‘Galicia Nomeada’
A Xunta acorda coa Junta de Andalucía o préstamo dunha peza de Picasso que constata a súa influencia galega para a mostra do 50 aniversario do artista
‘Instruments de musique et compotier sur une table’, que plasma a figura dun gaiteiro, pertence á Fundación belga FABA e está depositada no Museo Picasso de Málaga
A Xunta achega a Galicia a oscarizada instalación de realidade virtual ‘Carne y Arena’ de Alejandro G. Inárritu sobre a experiencia das persoas migrantes
A Cidade da Cultura acollerá esta instalación de realidade virtual e inmersión completa, que chega por vez primeira á Península Ibérica tras verse en cidades como Washington, Los Ángeles, Cidade de México, Montreal, Amsterdam, Cannes ou Milán
A mostra itinerante ‘Florencio Delgado Gurriarán. Bebedeira de ensoños’ chega a Ourense cunha escolma de pezas persoais do homenaxeado nas Letras Galegas
Inclúese nas máis de 150 actividades deste ano e percorre a vida e a obra do autor a través dunha unha selección de obxectos como cartas ou borradores de poemas, cedidos pola familia
A Cidade da Cultura convida a redescubrir a Vía da Prata nunha mostra que cruza séculos e vieiros da man de 40 fotógrafos clásicos e contemporáneos
‘A Vía da Prata. Aires do Sur’ constrúe un relato evocador que atravesa a historia da Península Ibérica e do Camiño nun carrusel de 140 instantáneas de fotógrafos destacados e emerxentes
A Xunta e o Concello de Cospeito asinan un acordo para que a Torre da Caldaloba sexa de titularidade municipal
Ao abeiro desta nova alianza, garantirase a recuperación, conservación e mantemento deste BIC, un dos máis de 700 cos que conta Galicia
A Xunta convoca unha nova liña de axudas ás salas de concertos dotada con 600.000 euros para reactivar a Rede Galega de Música ao Vivo
Poden solicitalas os espazos privados de exhibición musical para a contratación de actuacións ata o 30 de setembro de 2023 ao abeiro deste circuíto autonómico e como parte da celebración do Xacobeo 21-22
A Xunta súmase ao triséximo aniversario de Heredeiros da Crus con seis novos concertos da súa xira
Incorpóranse Catoira, Valga, Pantón, Lalín, Vilanova de Arousa e Muros
A Xunta abre o prazo para incorporar 25 novos centros públicos ao Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares
O orzamento total elévase a case 1,6 M€ a distribuír entre os colexios e institutos que se sumen e os 729 xa participantes no programa