Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

09/06/22 | 14:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia acollerá unha incubadora que impulsará novas rutas culturais no Caribe e Ibeoramérica partindo do modelo de éxito do Camiño de Santiago

O Edificio Fontán acollerá o 28 e 29 de xuño este programa de fortalecemento formativo cunhas primeiras xornadas nas que participarán expertos de prestixio no ámbito do patrimonio para apoiar proxectos de emprendemento neste eido

08/06/22 | 16:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A campaña ‘Toponimízate’ 2022 difundirá o valor da toponimia galega en 17 concellos co apoio da Xunta

As sesións formativas da campaña difundirán a importancia da riqueza toponímica galega e procurarán novas persoas colaboradoras para o proxecto ‘Galicia Nomeada’

08/06/22 | 10:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta acorda coa Junta de Andalucía o préstamo dunha peza de Picasso que constata a súa influencia galega para a mostra do 50 aniversario do artista

‘Instruments de musique et compotier sur une table’, que plasma a figura dun gaiteiro, pertence á Fundación belga FABA e está depositada no Museo Picasso de Málaga

07/06/22 | 12:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta achega a Galicia a oscarizada instalación de realidade virtual ‘Carne y Arena’ de Alejandro G. Inárritu sobre a experiencia das persoas migrantes

A Cidade da Cultura acollerá esta instalación de realidade virtual e inmersión completa, que chega por vez primeira á Península Ibérica tras verse en cidades como Washington, Los Ángeles, Cidade de México, Montreal, Amsterdam, Cannes ou Milán

06/06/22 | 19:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A mostra itinerante ‘Florencio Delgado Gurriarán. Bebedeira de ensoños’ chega a Ourense cunha escolma de pezas persoais do homenaxeado nas Letras Galegas

Inclúese nas máis de 150 actividades deste ano e percorre a vida e a obra do autor a través dunha unha selección de obxectos como cartas ou borradores de poemas, cedidos pola familia

06/06/22 | 18:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura convida a redescubrir a Vía da Prata nunha mostra que cruza séculos e vieiros da man de 40 fotógrafos clásicos e contemporáneos

‘A Vía da Prata. Aires do Sur’ constrúe un relato evocador que atravesa a historia da Península Ibérica e do Camiño nun carrusel de 140 instantáneas de fotógrafos destacados e emerxentes

06/06/22 | 14:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e o Concello de Cospeito asinan un acordo para que a Torre da Caldaloba sexa de titularidade municipal

Ao abeiro desta nova alianza, garantirase a recuperación, conservación e mantemento deste BIC, un dos máis de 700 cos que conta Galicia

05/06/22 | 12:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca unha nova liña de axudas ás salas de concertos dotada con 600.000 euros para reactivar a Rede Galega de Música ao Vivo

Poden solicitalas os espazos privados de exhibición musical para a contratación de actuacións ata o 30 de setembro de 2023 ao abeiro deste circuíto autonómico e como parte da celebración do Xacobeo 21-22

04/06/22 | 12:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta súmase ao triséximo aniversario de Heredeiros da Crus con seis novos concertos da súa xira

Incorpóranse Catoira, Valga, Pantón, Lalín, Vilanova de Arousa e Muros

04/06/22 | 11:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre o prazo para incorporar 25 novos centros públicos ao Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares

O orzamento total elévase a case 1,6 M€ a distribuír entre os colexios e institutos que se sumen e os 729 xa participantes no programa