Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A mellora da clasificación microbiolóxica de dúas zonas de marisqueo en Viveiro facilitará o traballo do sector
O delegado territorial, Javier Arias, sinala que o cambio permite comercializar o marisco extraído nestas áreas previo paso por unha depuradora, o que reduce os prazos para a súa posta no mercado
A Xunta convoca os exames ordinarios e extraordinarios de 2021 para o manexo das embarcacións de lecer e motos náuticas
As titulacións para as que se convocan os exames son patrón para a navegación básica, patrón de embarcación de lecer, patrón de iate, capitán de iate e patrón de motos náuticas A e B
Rosa Quintana apela á unidade para reivindicar e visibilizar o papel feminino no mundo do mar
Sinalou que o Premio Muller Salgada é para todas as mulleres que deron un paso adiante por Galicia e que contribuíron a mellorar as condicións profesionais e socioeconómicas de todo o colectivo
Galicia e outras rexións da área atlántica debaterán a próxima semana sobre as oportunidades e ameazas da produción de berberecho
O martes 9, o mércores 10 e o venres 12 de marzo varios expertos exporán diferentes resultados do proxecto europeo Cockles na conferencia final da iniciativa, que se celebrará de xeito virtual
Feijóo avalía as sete primeiras iniciativas vinculadas ao futuro da cadea agro-mar-industria que aspiran a captar 550 millóns dos fondos europeos Next Generation e a crear 1.000 novos empregos
Subliña a importancia de desenvolver proxectos que integren ás pemes para completar toda a cadea de valor, e que a maioría das propostas teñan a oportunidade de desenvolverse a través da colaboración con outras Comunidades Autónomas
As vendas de peixe nas lonxas galegas mantivéronse en 2020 malia as dificultades ante a alerta sanitaria polo coronavirus
O Consello da Xunta analizou hoxe un informe que mostra que as cantidades comercializadas deste grupo de produtos do mar caeron un 2,4% o ano pasado grazas ao esforzo realizado pola frota galega para abastecer de alimentos de calidade á cidadanía
A Xunta promove a formación práctica adaptada ás necesidades do sector marítimo-pesqueiro para impulsar a remuda xeracional
A actividade formativa do centro de formación A Aixola ten unha orientación cara o que sería o traballo real nas empresas
A Xunta ten en marcha apoios ao marisqueo fronte aos efectos dos temporais e adoptará medidas adicionais en caso de que sexa necesario
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro sinalou que é preciso agardar a ter unha avaliación completa do estado dos bancos e a contar co informe detallado da situación que acheguen os representantes das confrarías
A Policía Autonómica en colaboración con Gardacostas comisa máis de 66 quilos de marisco nun control de furtivismo en Portonovo
Foi identificada unha persoa á que se lle levantou acta por infracción da Lei de Pesca e por resistencia e desobediencia á autoridade
A Xunta ultima a renovación parcial da frota do Servizo de Gardacostas que supón un investimento de 10 millóns de euros
Esta modernización inclúe cinco embarcacións, catro patrulleiras lixeiras que xa están en funcionamento no servizo e unha de altura que está en construción e que se prevé que este ano substitúa á ‘Paio Gómez Chariño’