Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

14/08/21 | 08:26

O Parque Nacional das Illas Atlánticas xa forma parte da lista Ramsar de humidais de importancia internacional

Suma deste xeito un novo recoñecemento internacional á riqueza dos seus hábitats e convértese no único espazo natural galego que concentra seis das principais figuras de protección medioambiental existentes

13/08/21 | 11:45

A Xunta pon fin á tramitación ambiental do Plan especial do casco histórico de Corcubión

Acaba de emitir o informe no que indica que non é necesario someter o proxecto a avaliación ambiental estratéxica

12/08/21 | 12:23

A Xunta colabora nunha experiencia pioneira que ofrece paseos virtuais para explorar o fondo mariño do Parque Nacional das IIlas Atlánticas

A actividade, de carácter gratuíto e que require de inscrición previa no propio arquipélago, comeza hoxe nas Illas Cíes e desenvolverase de xoves a domingo durante o mes de agosto e a primeira quincena de setembro

10/08/21 | 14:05

A Xunta repartiu máis de 17.000 composteiros domésticos grazas ao seu programa para fomentar a autocompostaxe

A día de hoxe hai máis de 400 entidades adscritas á iniciativa, liderada por Sogama e que busca recuperar unha práctica tradicional no rural

06/08/21 | 11:31

A Xunta reparte case 240.000 euros entre 9 concellos das reservas da biosfera ourensás para apoialos na mellora do patrimonio natural

O DOG recolle hoxe a resolución da terceira convocatoria que se realiza deste programa de incentivos, con boa acollida entre as entidades locais, tal e como demostra o feito de esgotar o crédito dispoñible

06/08/21 | 11:26

A Xunta reparte case 260.000 euros entre 13 concellos das reservas da biosfera lucenses para apoialos na mellora do patrimonio natural

O DOG recolle hoxe a resolución da terceira convocatoria que se realiza deste programa de incentivos, con boa acollida entre as entidades locais, tal e como demostra o feito de esgotar o crédito dispoñible

05/08/21 | 13:57

A Xunta reparte 600.000 euros entre 27 concellos para apoialos na mellora do patrimonio natural das seis reservas da biosfera de Galicia

Trátase da terceira convocatoria que se realiza deste programa de incentivos, con boa acollida entre as entidades locais, tal e como demostra o feito de esgotar o crédito dispoñible

05/08/21 | 12:27

A Xunta permitirá a ampliación do parque empresarial da Laracha en máis de 330.000 m2

Ángeles Vázquez lembra que esta nova superficie está incluída na segunda modificación do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais, que na actualidade está en fase de avaliación ambiental estratéxica

05/08/21 | 12:15

A Xunta concede 150.000€ do FCA ao Concello de Forcarei para a modernización da potabilizadora, a adquisición dun tractor e gastos de tratamento do lixo

O delegado territorial, Luis López, anuncia esta concesión, a máis elevada da provincia de Pontevedra, nunha visita aos terreos da actual ETAP, na que se investirán 47.673€

04/08/21 | 15:12

O centro de visitantes da Illa de Ons acolle desde hoxe a exposición ‘Ons Soa’

Na mostra, que se poderá visitar ata o 15 de setembro, articúlase a través de 18 fotografías un relato autoetnográfico sobre o patrimonio cultural deste espazo insular do Parque Nacional das Illas Atlánticas