Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta colabora coa Deputación da Coruña e o concello de Santiago na dotación de equipamento para a Agrupación de Protección Civil
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda; o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo; e o presidente da Deputación coruñesa, Valentín González Formoso asinaron hoxe o acordo
O 061 de Galicia asistiu a 62 persoas por 51 accidentes de circulación durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 2 de outubro, ata as 23,59 horas do domingo, 4 de outubro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 72 chamadas por accidentes de tráfico
O DOG publica hoxe a lista de admitidos e excluídos para o terceiro proceso selectivo de policías locais que se levará a cabo na Agasp
Presentáronse 958 solicitudes para 73 prazas en diversos concellos galegos
A Xunta amplía a alerta laranxa por temporal costeiro a todo o litoral galego
O aviso está xa activo na Coruña, e ao longo do día estenderase ás costas de Lugo e Pontevedra
A Xunta activa mañá a alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Lugo
Alértase dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro con mar combinada do noroeste con ondas de ata seis metros
A AXEGA leva a un cento de centros escolares o seu programa de divulgación para o bo uso do número de emerxencias 112
Para esta actividade, a Axencia Galega de Emerxencias apóiase novamente nos Bolechas co fin de achegar á poboación infantil a información necesaria para usar de forma correcta e eficaz o servizo telefónico de atención ás emerxencias
Feijóo destaca os novos retos da Policía Autonómica ante a pandemia e incide na necesidade de que o Goberno central complete o seu cadro de persoal que non chega ao 80%
Destaca o papel que a Unidade Adscrita está a desenvolver na pandemia para garantir o cumprimento das normas adoptadas polas autoridades sanitarias, como aforos, uso de máscaras, prevención do botellón ou horario de peches dos locais
O 061 de Galicia asistiu a 76 persoas por 63 accidentes de circulación durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 25 de setembro, ata as 23,59 horas do domingo, 27 de setembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 83 chamadas por accidentes de tráfico
A Xunta renova o servizo de xestión de bens comisados coa Fundación Galega contra o Narcotráfico
O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, e o presidente da Fundación, Manuel Antonio Couceiro, asinaron hoxe o convenio de colaboración, dotado con 15.000 euros, para mellorar a xestión dos bens incautados nestes delitos
A Xunta traballa nun Plan Estratéxico da Década Xacobea 2021-2032 co obxectivo de contar cunha folla de ruta que aproveite as sinerxías dos tres próximos anos santos
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, compareceu esta mañá na Cámara galega, a petición propia, para explicar as previsións e liñas xerais de actuación do seu departamento nesta lexislatura