Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 720 novas da área temática Deporte:

15/11/20 | 18:46 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa entrega ao Clube Balonmán Cañiza unha furgoneta valorada en 24.400 euros e adquirida a través da orde de subvencións de equipamentos

Os importes das subvencións son o 80 % do investimento subvencionable mentres que a porcentaxe restante é achegada pola entidade beneficiaria

10/11/20 | 13:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o proxecto #GaliciaGolfSaúde como exemplo da aposta pola calidade e a diversificación da oferta turística galega

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, tomou parte na presentación do proxecto, que conta coa apoio de Turismo de Galicia

10/11/20 | 08:42 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa informa aos equipos de ámbito estatal de Vigo e a súa área que a Xunta seguirá buscando un pacto común en todo o Estado para os tests serolóxicos

Gaba “a capacidade de adaptación que demostrou o deporte galego nos últimos meses” e o seu “exemplo de coordinación, colaboración, responsabilidade e decisión”

05/11/20 | 19:46 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa destaca a importancia dos 58 protocolos do deporte autonómico que permiten o mantemento da práctica deportiva federada

O secretario xeral para o Deporte reuniuse virtualmente cos presidentes das 58 federacións deportivas para abordar o decreto e a orde

05/11/20 | 14:20 | Secretaría Xeral para o Deporte

Constituido o novo equipo do Comité Galego de Xustiza Deportiva que impulsará a súa sección arbitral para ampliar a mediación nos conflitos deportivos

Lete Lasa destaca que María Dolores Rodríguez é a primeira muller á fronte do Comité e, grazas aos nomeamentos das letradas Beatriz Seijo e Carmen López, o foro conta con maior presenza feminina

03/11/20 | 16:00 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Secretaría Xeral para o Deporte recoñece aos primeiros deportistas galegos de alto nivel ao abeiro do novo decreto en vigor desde hai quince días

En total, os deportistas galegos de alto nivel en Galicia son, na actualidade, 500 (196 mulleres e 304 homes)

02/11/20 | 15:20 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta habilita un formulario en liña para que os equipos desprazados a Galicia de modalidades que impliquen contacto comuniquen os seus datos

Todos os membros da expedición dos equipos e deportistas deberán realizar test serolóxicos ou probas similares e comunicar ás autoridades sanitarias autonómicas a relación das persoas integrantes da expedición trasladada a Galicia, a data e hora de chegada á Comunidade Autónoma galega, o lugar de aloxamento, así como o tipo de proba de detección da COVID-19 á que fosen sometidas ditas persoa

02/11/20 | 12:56 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza novos pasos para converter a ETEA nun dos piares do Vigo aberto coa construción do pavillón polideportivo e a nova residencia de maiores

En relación á residencia de maiores, confirma que o proxecto de demolición do antigo cuartel xa está finalizado, co obxectivo de comezar as obras este ano, cun investimento de 15 millóns de euros e con 150 prazas públicas

30/10/20 | 18:18 | Secretaría Xeral para o Deporte

O Campionato Galego sub 15 de Bádminton comeza mañá como “outra mostra máis da reactivación do deporte galego”

“Puxéronse os medios para que Galicia sexa un espazo seguro e Galicia ten un deporte seguro polo que os deportistas galegos poderán competir de forma segura e tamén desprazarse por Galicia cando o esixa os adestramentos ou competicións”

29/10/20 | 15:35 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa defende o traballo "consensuado e coordinado" da Xunta que construíu unha realidade deportiva segura con "protocolos, tests e máscaras"

Fai un repaso de todo o que leva feito a Secretaría Xeral para o Deporte no que respecta á contención do virus nos últimos sete meses nos que “o deporte galego non deixou nin un só minuto de traballar”