Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta e o Concello de Arteixo asinan un convenio de colaboración para reforzar o abastecemento ao municipio e ao polígono de Morás
Trátase de mellorar o sistema municipal desde a rede existente, no contorno do polígono do Vío, executando un bombeo desde a zona de Vío Baixo ata a de Vío Alto e a construción de depósitos de regulación nese punto
A Xunta adxudica a redacción do proxecto da 2ª fase da mellora do sistema de abastecemento no concello de Arbo
O contrato, cun investimento de máis de 18.000 euros, ten como obxectivo definir o deseño construtivo para a rehabilitación do bombeo de captación, impulsión, tratamento e conexión entre os depósitos do Couto e Arbo
A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do río Pexegueiro, no concello de Redondela
Os traballos de mantemento están a desenvolverse no tramo do ríos ao seu paso polos lugares do Camiño do Val do Muiño e Camiño de Ganga, na parroquia do Viso
A Xunta executa a partir do luns novas actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Vao, no concello de Coristanco
Os traballos de mantemento están a levarse a cabo no treito interurbano do río, de 4,4 quilómetros de lonxitude, desde As Teixoeiras ata a área recreativa da Rochela
A Xunta inicia as obras de ampliación da depuradora de Rianxo, cun investimento de máis de 7,5 millóns de euros
Con esta intervención a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ten como obxectivo resolver os problemas de capacidade e eficiencia destas instalacións
A Xunta licita por 200.000 euros as obras de mellora do abastecemento ao parque empresarial e os núcleos das Quintás e da Ría, en Vilamarín
As empresas interesadas na execución destas actuacións poderán presentar as súas ofertas ata o 23 de marzo e as obras teñen un prazo de execución de 4 meses
A Xunta licita por máis de 576.000 euros a primeira fase de ampliación da rede de distribución de auga no concello de Mesía
As empresas interesadas na execución destas actuacións, cun prazo duns oito meses, poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 23 de marzo
A Xunta remítelles ao Concello de Sada e á Deputación da Coruña unha proposta de convenio para colaborar nas obras de prevención das inundacións
Trátase de impulsar as obras precisas para dar solución o mal funcionamento, a insuficiencia de capacidade de desaugue, e os continuos atrancos dos ríos Maior e Fontoria no treito final
A Xunta comeza as obras de saneamento de Santa María de Melide, que suporán un investimento de 116.000 euros
Augas de Galicia adaptou o proxecto ás exixencias do Ministerio de Fomento
A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Bouzós ao seu paso polo Concello de Cangas
Esta actuación de Augas de Galicia lévase a cabo nun tramo deste río no seu percorrido polo lugar de Xistro, e dan continuidade ás tarefas realizadas na mesma parroquia de Coiro (San Salvador), no lugar de Piñeiro