Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

30/11/21 | 12:54 | C. de Política Social e Igualdade; C. do Medio Rural

A Xunta actúa de xeito transversal e integral na posta en valor da terra agraria e na fixación de poboación no rural para afrontar o reto demográfico

Ambos conselleiros lamentaron a ausencia do secretario general para el Reto Demográfico a un acto que estaba deseñado para mostrarlle os pasos dados polo Goberno galego co gallo de fixar poboación no rural e para apelar á colaboración interadministrativa

28/11/21 | 12:26 | C. do Medio Rural

A vindeira semana terán lugar as catas dos meles e os queixos de Galicia que organiza a Xunta cos consellos reguladores

Celebraranse do 1 ao 3 de decembro no hotel A Quinta da Auga, cun panel integrado por 14 catadores profesionais versados no sector

27/11/21 | 13:34 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste preto de 45.000 euros na rehabilitación do forno tradicional da Caridade, en Monterrei

José González salientou que este tipo de investimentos apostan pola defensa e promocións dos valores culturais do pobo galego, actuando no fomento e promoción da cultura e na protección, conservación e difusión do patrimonio cultural

26/11/21 | 12:25 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que a aplicación da Lei de recuperación da terra agraria é unha oportunidade para crear emprego e riqueza en Galicia

Inés Santé debullou os principais retos e oportunidades que se presentan para o agro na actualidade e explicou polo miúdo o contido e alcance desta norma, como panca de desenvolvemento do rural galego

25/11/21 | 20:06 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que a Estratexia do viño permitirá consolidar Galicia como destino enoturístico de referencia en viños de calidade

José González sinalou que coa Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia estase a reforzar o desenvolvemento rendible e sostible deste sector produtivo e das súas zonas de produción

25/11/21 | 19:30 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a capacidade de superación das pemes agroalimentarias galegas tras a emerxencia sanitaria

O titular de Medio Rural agradeceu o esforzo das pequenas e medianas empresas en xeral e das agroalimentarias en particular, que foron quen de continuar a súa actividade nunha situación de emerxencia sanitaria e soster a unha comunidade enteira

24/11/21 | 21:17 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que as novas tecnoloxías permitirán mellorar os procesos produtivos tradicionais e xerar un maior valor engadido nos produtos do agro

Inés Santé lembrou que fai máis de vinte anos que é imprescindible facer uso da tecnoloxía GIS para a ordenación e a xestión do territorio

24/11/21 | 14:46 | C. do Medio Rural

A Xunta insiste en sede parlamentaria en reclamar ao Goberno central un compromiso efectivo para que os gandeiros perciban prezos xustos polo seu produto

José González lembrou que o Goberno galego reclamou en repetidas ocasións ao Ministerio de Agricultura medidas eficaces para frear a venda a perdas nos sectores primarios, entre elas a incorporación da aplicación Conta Láctea á lei da cadea

24/11/21 | 13:19 | C. do Medio Rural

A Xunta destina máis de 5 M€ a impulsar a innovación nas aldeas galegas para contribuír a retos como o da seguridade alimentaria e o asentamento da poboación

O conselleiro do Medio Rural avogou pola sustentabilidade e a intelixencia aplicadas “ás nosas aldeas de sempre”

24/11/21 | 12:51 | C. do Medio Rural

Xunta e Concello de Xunqueira de Ambía colaboran na posible posta en marcha dun polígono agroforestal para cereais que podería chegar ás 100 hectáreas

Técnicos de Medio Rural desprazaranse á zona seleccionada para buscar áreas con certo nivel de abandono co fin de situar o polígono, que se localizaría na parroquia de Sobradelo