Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Os emprendedores participantes na aceleradora ViaGalicia preparan en Pantón a presentación dos seus proxectos
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, asiste ás xornadas que se celebran na localidade lucense, ás que asisten os 27 equipos que aspiran a pasar á seguinte fase desta iniciativa
A Xunta sinala a vocación de Anthony Carro como fonte de inspiración para construír a Galicia do futuro sobre as bases da investigación e a innovación
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu hoxe en Madrid á entrega do ‘Premio Gallego del Año’, na que os xornalistas galegos na capital española homenaxearon ao delegado da NASA en España
A Xunta reafirma o seu apoio á investigación universitaria na presentación dos resultados do Proxecto Pan-Cancer liderado polo CIMUS
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, destacou o esforzo e tesón do equipo do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC, capitaneado polo científico José María Castro Tubío
O Goberno galego convoca 100 novas bolsas para contratos predoutorais de persoal investigador, ás que destina 8,1M€
O obxectivo desta convocatoria conxunta entre as consellerías de Educación e de Economía é garantir a formación inicial dos investigadores galegos no Sistema Universitario de Galicia e noutras entidades do sistema galego de I+D+i ao longo de tres anos
A Xunta impulsa o traballo dos investigadores da Universidade de Vigo galardoados nos 'Oscars do espazo'
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro con Yolanda Rodríguez Vaqueiro, científica que lidera o grupo galardoado nos Galileo Masters
A Xunta reforza a aposta polo sector aeroespacial cunha Unidade Mixta de Investigación especializada na xestión do espazo aéreo de vehículos non tripulados
Na Unidade Mixta de Investigación Airus, presentada hoxe na Coruña, participan o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e a multinacional tecnolóxica Everis, e ten como obxectivo contribuír á xestión eficiente e segura no espazo aéreo
Feijóo incide na importancia da conexión da comunidade científica coa sociedade para abordar os retos de futuro
A Xunta incrementou un 75% a achega aos Centros de Investigación de Excelencia das tres universidades
A Xunta investirá este ano case medio millón de euros en formar a profesionais do agro en prácticas innovadoras e de I+D
O orzamento de 2020 do Plan de transferencia tecnolóxica supón un incremento do 48% por cento con respecto ao do 2019