Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 559 novas da área temática i+D+i:

08/02/20 | 13:17 | C. de Economía e Industria

Os emprendedores participantes na aceleradora ViaGalicia preparan en Pantón a presentación dos seus proxectos

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, asiste ás xornadas que se celebran na localidade lucense, ás que asisten os 27 equipos que aspiran a pasar á seguinte fase desta iniciativa

06/02/20 | 21:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta sinala a vocación de Anthony Carro como fonte de inspiración para construír a Galicia do futuro sobre as bases da investigación e a innovación

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu hoxe en Madrid á entrega do ‘Premio Gallego del Año’, na que os xornalistas galegos na capital española homenaxearon ao delegado da NASA en España

06/02/20 | 19:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reafirma o seu apoio á investigación universitaria na presentación dos resultados do Proxecto Pan-Cancer liderado polo CIMUS

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, destacou o esforzo e tesón do equipo do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC, capitaneado polo científico José María Castro Tubío

06/02/20 | 11:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Goberno galego convoca 100 novas bolsas para contratos predoutorais de persoal investigador, ás que destina 8,1M€

O obxectivo desta convocatoria conxunta entre as consellerías de Educación e de Economía é garantir a formación inicial dos investigadores galegos no Sistema Universitario de Galicia e noutras entidades do sistema galego de I+D+i ao longo de tres anos

30/01/20 | 14:36 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa o traballo dos investigadores da Universidade de Vigo galardoados nos 'Oscars do espazo'

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro con Yolanda Rodríguez Vaqueiro, científica que lidera o grupo galardoado nos Galileo Masters

22/01/20 | 13:56 | C. de Economía e Industria

A Xunta reforza a aposta polo sector aeroespacial cunha Unidade Mixta de Investigación especializada na xestión do espazo aéreo de vehículos non tripulados

Na Unidade Mixta de Investigación Airus, presentada hoxe na Coruña, participan o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e a multinacional tecnolóxica Everis, e ten como obxectivo contribuír á xestión eficiente e segura no espazo aéreo

21/01/20 | 21:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo incide na importancia da conexión da comunidade científica coa sociedade para abordar os retos de futuro

A Xunta incrementou un 75% a achega aos Centros de Investigación de Excelencia das tres universidades

18/01/20 | 12:13 | C. do Medio Rural

A Xunta investirá este ano case medio millón de euros en formar a profesionais do agro en prácticas innovadoras e de I+D

O orzamento de 2020 do Plan de transferencia tecnolóxica supón un incremento do 48% por cento con respecto ao do 2019