Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1270 novas da área temática Educación:

10/09/21 | 13:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez informa ao Comité Educativo do mantemento das medidas de seguridade nas aulas

Destaca a “normalidade” neste inicio de curso e a necesidade de “manter a precaución e a prudencia” para garantir a seguridade nas aulas

09/09/21 | 15:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en marcha o programa doutoramento industrial para apoiar a contratación de 15 estudantes en empresas e centros tecnolóxicos onde desenvolverán a súa tese

Feijóo resalta que estará dotado con 1,9 millóns de euros que se destinarán a sufragar os gastos de contratación, os gastos ligados ao proxecto e os apoios para realizar estadías de tres meses no estranxeiro

09/09/21 | 14:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa a rehabilitación integral e enerxética do CEP Sequelo de Marín cun investimento de 883.000 €

O delegado territorial da xunta en Pontevedra, Luis López, visita o centro acompañado pola alcaldesa María Ramallo e anuncia que esta actuación xa está en fase de licitación e prevese a súa execución ao longo do vindeiro ano

09/09/21 | 13:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arranca un novo curso escolar na comarca viguesa con 37.108 alumnos de Infantil, Primaria e Educación Especial

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, achegouse hoxe ata o CEIP A Doblada para acompañar ao alumnado deste centro no regreso ás aulas

09/09/21 | 11:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca o novo curso 2021/22 como unha oportunidade para avanzar na recuperación da normalidade no ensino galego

Agradece ao alumnado, familias, profesorado e equipos directivos o seu traballo na pandemia que, confía, “volverá ser un exemplo para todos este curso”

08/09/21 | 14:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste máis 67.000 na substitución das carpinterías do CPI de Fonte-Díaz

Gonzalo Trenor lembrou que as obras proxectadas pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade contemplan 65 actuacións en centros educativos da área de Santiago cun investimento global de 6,5 millóns de euros

Este verán estanse acometendo nesta zona seis actuacións cun orzamento de 2,9 millóns de euros

08/09/21 | 13:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta lanza o Plan Dixital de Centro, dotado con 19M€ e a contratación de 80 docentes de apoio para fortalecer a transformación tecnolóxica das aulas

Román Rodríguez asegura que se vai producir un “salto cualitativo” no sistema educativo a través dun “cambio pedagóxico” con propostas específicas na especialización e na personalización da aprendizaxe

07/09/21 | 12:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Gabriel Alén subliña que o curso 2021-2022 será o da volta á normalidade das escolas infantís

O delegado territorial informou que o número de matriculados de 0 a 3 anos que asistirán a un centro da rede pública na provincia de Ourense é 825

07/09/21 | 12:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza un Fondo de Reserva de Garantía Educativa reforzado ata os 10 M€ para os gastos derivados dos protocolos covid e posibles continxencias na saída da crise sanitaria

Subliña o compromiso de poñer á disposición as medidas de seguridade necesarias nun curso con máis esperanzas grazas á vacina, pero no que aínda se precisan ferramentas para poder convivir coa covid

06/09/21 | 14:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste máis 170.000€ na substitución das carpinterías do CEIP Alfredo Brañas de A Laracha

Gonzalo Trenor lembrou que as obras proxectadas pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade contemplan 35 actuacións en centros educativos de Bergantiños-Costa da Morte cun investimento global de 2,8 millóns de euros