Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

27/11/21 | 12:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta lanza tres novos coworkings na provincia de Ourense dirixidos a impulsar o emprendemento

Estes novos espazos, deseñados para aumentar as posibilidades de éxito de proxectos innovadores en fases temperás de desenvolvemento, situaranse na Mancomunidade do Carballiño, en Valdeorras e en Tecnópole

26/11/21 | 20:02 | C. de Economía e Industria

Conde destaca que os Premios Xove Empresario de AJE Ferrolterra evidencian a importancia do talento emprendedor para afrontar a recuperación económica e aumentar o crecemento sustentable

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe na sétima edición destes galardóns, que tivo lugar no castelo de San Felipe

26/11/21 | 15:45 | A Presidencia da Xunta

Feijóo resalta a capacidade de anticipación e adaptación dos emprendedores galegos para afrontar a realidade social e económica de cada momento

Asevera que neste novo escenario a anticipación segue a formar parte tamén das políticas do Goberno galego, cuns orzamentos para 2022 que recollen o maior investimento produtivo: 2.600 M€

24/11/21 | 14:46 | C. de Economía e Industria

A Xunta achega ás pemes de Ourense as vantaxes de innovar para afrontar a recuperación e consolidar o crecemento

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou hoxe na parada que realizou no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole a iniciativa Camiño da Innovación, que está a percorrer toda Galicia a través de 18 paradas

24/11/21 | 10:29 | C. de Economía e Industria

Idoia Cuesta, Santiago Besteiro e Edita Rodríguez Oca compiten polo Premio Artesanía de Galicia 2021

Os obradoiros que dirixen estes tres artesáns en Outeiro de Rei, Monterroso e Santiago de Compostela son os finalistas na categoría principal dun certame co que a Xunta de Galicia busca estimular o traballo de creación dos artesáns galegos, recoñecer a súa mellora continua e contribuír ao seu desenvolvemento

23/11/21 | 11:44 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Ribadavia a importancia de acompañar ás pemes do rural cara a innovación para aumentar a súa competitividade

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá no concello ourensá na parada que realizou a iniciativa Camiño da Innovación, que está a percorrer 18 concellos de Galicia

22/11/21 | 17:33 | C. de Economía e Industria

Conde subliña que a cociña de vangarda atopa na Artesanía de Galicia un factor de diferenciación

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, asistiu hoxe na Cidade da Cultura ás xornadas profesionais Artesanía no Prato, que buscan establecer novas sinerxías coa restauración, a decoración ou a organización de eventos

22/11/21 | 16:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta inicia unha viaxe institucional a México para abrir novas posibilidades de negocio ás empresas galegas

O director do Igape, Fernando Guldrís, participa esta semana nunha misión plurisectorial no marco do Plan Foexga, que impulsa o Goberno galego en colaboración coas cámaras de comercio para favorecer a internacionalización de pemes e autónomos