Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

16/06/22 | 19:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Valentín García participa na entrega do Premio de Novela Camiño de Santiago á obra ‘Cruzados polo camiño’ de José G. Barral

Trátase dun galardón impulsado pola Academia Xacobea que conta co apoio da Xunta de Galicia

O secretario xeral de Política Lingüística tamén interveu na presentación do poemario ‘A mar, amar’ de Xosé Luna
16/06/22 | 19:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez agradece o labor de mecenado de Afundación ao traer a Galicia unha das exposicións máis representativas da arte contemporánea cubana

O conselleiro de Cultura participa en Vigo na inauguración de ‘Soños dun navegante. Colección de Arte Cubana Contemporánea Luciano Méndez Sánchez’

 

16/06/22 | 12:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa unha nova campaña subacuática no pecio do galeón San Giacomo di Galizia en Ribadeo

A intervención promovida pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades en colaboración co Institute of Nautical Archeology de Texas pretende avanzar no estudo da construción naval do século XVI

15/06/22 | 21:06 | A Presidencia da Xunta

Rueda celebra que as historias das cidades queden reflectidas nas páxinas dos libros como mellor xeito de que nunca se esquezan

Recoñece o labor de cronistas como Rafael L. Torre para achegar grandes historias aos lectores e axudarlles a descubrir Pontevedra. “Non é preciso viaxar a outras latitudes nin inventarse escenarios ficticios”, explica

15/06/22 | 15:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a Mostra de Teatro de Ribadavia na recuperación da súa dimensión internacional

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou na presentación do programa desta 38ª edición, que se desenvolverá do 15 ao 24 de xullo baixo o lema ‘Actuando nas marxes’

15/06/22 | 15:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta contribúe á difusión da música de Frei Rosendo Salvado cun concerto da pianista Andrea González no CGAC

A artista tudense actúa mañá en Santiago de Compostela no marco da xira de presentación do seu disco Salvado-Piano Works

15/06/22 | 13:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O festival ‘Atlántica 2022’ levará a narración oral a espazos patrimoniais de 24 concellos de toda Galicia co apoio da Xunta

O director xeral de Cultura destaca esta cita como unha das máis importantes da Península Ibérica e referente na lusofonía neste eido

14/06/22 | 14:40 | C. de Economía e Industria

Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre encabezan a programación musical do encontro Corazón da Artesanía de Agolada

O IX Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, que organiza a Xunta de Galicia do 8 e ao 10 de xullo no conxunto histórico-artístico dos Pendellos, contará tamén coas actuacións de Comando Curuxás, Aparato DJ SET e Cantigas e Agarimos

14/06/22 | 14:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e o sector deseñan dunha vintena de proxectos por valor de 372 M€ que avalan a necesidade dun PERTE cultural

Culmina así un proceso participativo iniciado en febreiro para que o sector cultural presentase propostas culturais susceptibles de optar aos fondos europeos

14/06/22 | 13:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Aberto o prazo para a incorporación de novos centros ao Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, Stembach, o próximo curso

Este programa educativo, que actualmente está implantado en 43 centros, inclúe a realización dun proxecto de investigación con posterior defensa pública, unha materia extracurricular semanal e actividades complementarias de formación