Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

03/03/22 | 13:39 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta felicita a Cáritas diocesana de Lugo polo seu programa de atención no domicilio ‘Vivir na Casa’

O Goberno galego destina preto de 190.000 euros a esta e outras iniciativas da entidade a través da orde de axudas con cargo ao Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF)

02/03/22 | 14:47 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta traslada ao Goberno central a súa "total dispoñibilidade" para colaborar no acollemento de menores ucraínos

Malia que a prioridade é manter a unidade das familias refuxiadas, pon os seus recursos a disposición no caso de que o Executivo central realice actuacións específicas para nenos ou adolescentes do sistema de protección de Ucraína

02/03/22 | 13:13 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre unha nova convocatoria para crear 12 novas casas niño e superar os 100 centros repartidos por toda a comunidade

O Goberno galego investirá máis dun millón de euros nesta convocatoria, que permitirá a posta en marcha de 60 novas prazas de atención á infancia no rural

01/03/22 | 13:26 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García asegura que o Plan de investimentos para equipamentos sociais municipais suporá un impulso histórico para os concellos galegos

A Xunta destinará máis de 18,5 millóns de euros á construción, reforma ou ampliación dos centros de servizos sociais xestionados polos concellos

28/02/22 | 17:49 | C. de Política Social e Igualdade

Galicia ábrese a acoller refuxiados ucraínos e ofrece os recursos e instalacións necesarios para darlles amparo

A Xunta trasladará esta mensaxe ao Goberno central nunha reunión que se celebrará para coordinar a resposta á posible chegada de cidadáns que foxen da guerra

28/02/22 | 13:45 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta sinala que as residencias de maiores deben garantir a atención do seus usuarios respectando a súa personalidade

O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou as instalacións de Adcor e Padre Rubinos da Coruña

28/02/22 | 13:03 | C. de Política Social e Igualdade
27/02/22 | 12:47 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta insta ao Goberno central a dar a maior flexibilidade posible para executar os fondos para proxectos singulares no eido demográfico

Lembrou que cada comunidade autónoma ten unhas características demográficas diferentes polo que considera necesario dar resposta ás peculiaridades de cada territorio

26/02/22 | 11:47 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García salienta a necesidade de coidar ao coidador a través do programa de respiro familiar, que financia a atención en residencias e no fogar

O Goberno galego inviste 600.000 euros para facilitar o descanso dos coidadores habituais de persoas dependentes ou con discapacidade
 

24/02/22 | 12:24 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade

A Xunta apoia os programas desenvolvidos por AFA Chantada para atender a persoas con alzhéimer

O delegado territorial, Javier Arias, visitou a asociación chantadesa de familiares de pacientes que sofren esta doenza para coñecer as actividades de estimulación cognitiva que organizan coa colaboración do Sergas