Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 559 novas da área temática i+D+i:

22/02/20 | 11:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación convoca as axudas á contratación de Investigador Distinguido, que permitirá incorporar ata 15 científicos de recoñecido prestixio ao Sistema Universitario de Galicia

As axudas por contrato -sufragadas integramente polo departamento de Educación- poden acadar os 91.000 euros/ano ou os 71.000 euros/ano por investigador segundo as modalidades de atracción ou de retención; e supoñen un desembolso de 5 millóns de euros por parte da Consellería

19/02/20 | 15:23 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta
19/02/20 | 13:38 | C. de Economía e Industria

A Xunta convoca axudas por 2,7 M€ para impulsar a mellora da capacidade innovadora das pemes galegas

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou en Vigo a empresa O Lecer Senior Care, que busca converterse nun referente en técnicas asistenciais apoiándose no programa Innova Peme

18/02/20 | 13:26 | C. de Economía e Industria

Conde apunta que a colaboración de Imatia no Polo Aeroespacial fai visible o valor engadido co que conta Galicia a través da innovación e o talento

No Polo Aeroespacial de Galicia, Imatia traballa no proxecto MAR-1, para mellorar a seguridade da frota pesqueira mediante un sistema de seguimento e monitorización continua que integra unha plataforma de software

17/02/20 | 14:25 | C. de Economía e Industria

A Xunta apela á innovación como a clave para asegurar o crecemento económico sostible

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, sinala no encontro Galicia en Dixital, organizado por Telefónica en Santiago, que as empresas deben ofrecer solucións que se axusten ás necesidades das persoas, mellorando así a súa calidade de vida desde a innovación

14/02/20 | 13:48 | C. de Economía e Industria

Os obradoiros Fly the future achegan a estudantes de secundaria as oportunidades da industria dos vehículos non tripulados

A directora da Axencia Galega de Innovación, (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá nunha das actividades desta iniciativa que se desenvolverá ata xuño no Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR) en Castro de Rei (Lugo)

13/02/20 | 17:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta chama en Edugal a incentivar a formación e a innovación entre os máis novos para asegurar a fortaleza do talento galego

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe a novena edición do Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia

12/02/20 | 12:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o papel da biotecnoloxía na competitividade e modernización do tecido industrial galego

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro coa investigadora da Universidade de Santiago de Compostela María José Alonso, referente mundial no eido da nanotecnoloxía farmacéutica

11/02/20 | 12:41 | C. de Economía e Industria

Galicia, que ten na innovación e na formación os seus sinais de identidade, cre no compromiso de todos os axentes clave para atraer novos investimentos

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta mañá na Coruña na xornada ‘Retos e perspectivas de investimento en Galicia para o ano 2020’ organizada por BDO

10/02/20 | 14:37 | C. de Economía e Industria

Preto de 50 empresas amosan interese en participar no proxecto para dotar o Polo Aeroespacial de Galicia dun simulador de xestión de tráfico aéreo

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, presidiu a xornada técnica de presentación das instalacións do Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR) ante as compañías interesadas na consulta preliminar ao mercado