Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

02/12/21 | 20:06 | C. de Economía e Industria

Trenor destaca que os Premios Emprende Coruña 2021 recoñecen o traballo dos novos empresarios e contribúen a poñer en valor o seu talento

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, participou na entrega dos XXII Premios Emprende Coruña 2021 organizada pola Asociación de Jóvenes Empresarias e Empresarios AJE

02/12/21 | 16:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta concede 1,2M€ a preto de 200 comerciantes e obradoiros artesanais da comarca de Santiago para impulsar a dixitalización e modernización dos seus negocios

Os apoios económicos da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa a Innovación diríxense ao desenvolvemento de actuacións entre as que se inclúen implantación e actualización de páxinas web, mellora da imaxe dixital, introdución de ferramentas de marketing 4.0 e loxística dixital

01/12/21 | 17:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta pola innovación e o emprendemento para activar e consolidar novas oportunidades de negocio

O director do Igape, Fernando Guldrís, asiste en Cartaxena ao Foro Anual das Axencias de Desenvolvemento Rexional (ADR), que alcanza a súa vixésima edición na procura de optimizar os servizos e apoios prestados a emprendedores e empresarios

01/12/21 | 13:04 | C. de Economía e Industria

Galicia busca contribuír ao novo modelo enerxético a través da cooperación entre cidadanía, pemes e administracións

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, destaca nunha xornada sobre comunidades enerxéticas locais organizada polo Instituto Tecnolóxico de Galicia na Coruña que este tipo de iniciativas favorecen o desenvolvemento social e económico do territorio, axudando a crear emprego e fixar poboación no rural

01/12/21 | 11:57 | C. de Economía e Industria

A Xunta confirma o compromiso coa biotecnoloxía como clave para o crecemento da economía galega

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, compareceu esta mañá no Parlamento para presentar a Estratexia de consolidación do sector biotecnolóxico 2021-2025

30/11/21 | 17:48 | C. de Economía e Industria

A Xunta celebra o nacemento do seminario Spertus para estudar as oportunidades da transición enerxética no tecido industrial

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, participou hoxe en Santiago de Compostela no acto de constitución deste Seminario Permanente de Transición Enerxética e Competitividade Industrial da USC

30/11/21 | 14:55 | C. de Economía e Industria

A Xunta presenta as potencialidades do polo aeroespacial de Galicia ao presidente da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, acompañou a unha delegación portuguesa formada por representantes institucionais, empresarios e expertos na súa visita ás instalacións do aeródromo de Rozas

30/11/21 | 10:43 | A Presidencia da Xunta

Feijóo refírese a Galicia como exemplo do reformismo tranquilo, “motor de cambio imparable durante estas catro décadas”

Diante da necesaria transformación dos modelos produtivos, incide na necesidade dunha transición xusta, “sen precipitarnos nos tempos das reformas e sen deixar miles de postos de traballo polo camiño”

29/11/21 | 18:49 | C. de Economía e Industria

Conde destaca o potencial de Galicia e Norte de Portugal para consolidar a súa colaboración e traballar no desenvolvemento dun polo innovador

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, sinala que todos os esforzos como Eurorrexión teñen que estar centrados “en sumar capacidades e talento”

29/11/21 | 16:54 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga pola xestión de riscos como proceso de mellora continua de cara a incrementar a competitividade empresarial

O director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Fernando Guldrís, participou hoxe no acto de presentación do informe ‘A xestión integral do risco (ERM) e o Seguro’, organizado pola Fundación Inade