Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 720 novas da área temática Deporte:

23/12/20 | 18:21 | Secretaría Xeral para o Deporte

Deporte Galego traballa no proxecto Ecodestin para afianzar a Galicia como potencia do turismo deportivo náutico e acadar novas oportunidades para os deportistas de elite universitarios

Lete Lasa destaca como a auga “vai no código xenético dos galegos e o deporte galego bebe desta tradición, polo que contamos coas mellores instalacións e os mellores deportistas”

19/12/20 | 15:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias subliña a necesidade de que empresas e administracións presten apoio colectivo ao deporte galego

O delegado territorial da xunta en lugo reuniuse hoxe co piloto monfortino Eduardo Iglesias, que vai participar por segunda vez no Rally Dakar

17/12/20 | 15:42 | Secretaría Xeral para o Deporte

Resoltas as axudas a deportistas galegos de alto nivel 2020 que alcanzan os 348.590 euros con récord de solicitudes presentadas

A resolución conta con seis tipos de axudas -Axuda DGAN 1 (8.000 euros), Axuda DGAN 2 (6.000 euros), Axuda DGAN 3 (4.000 euros), Axuda DGAN 4 (1.500 euros), Axuda DGAN 5 (800 euros) e Axuda DGAN 6 (350-1.000 euros)- máis as recentemente creadas Axudas DGAN D.A. sendo a primeira vez que se outorga este tipo de axudas a deportistas de apoio ou guía

16/12/20 | 12:01 | Secretaría Xeral para o Deporte
11/12/20 | 15:14 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta presenta o II Congreso Ibérico de Turismo Deportivo como un foro necesario no que turismo e deporte se volven a dar a man en tempos de pandemia

O secretario xeral para o Deporte refírese á “capacidade de adaptación dos galegos para poder salvagardar o noso deporte -que potencia a nosa saúde- e o noso turismo -que potencia a nosa economía- en tempos de pandemia”

11/12/20 | 12:50 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Federación Galega de Motonáutica recibe o título de Real e completa xunto a vela e fútbol, “a tríade rexia das Federacións Deportivas Galegas”

Lete Lasa expuxo os motivos que fan á Federación Galega de Motonáutica acredora deste título que a cualifica como “magnífica e grandiosa”

10/12/20 | 20:57 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa defende a dieta atlántica e a actividade física como os baluartes que conducirán á nosa poboación cara á inmunidade de grupo contra o sedentarismo

A Secretaría Xeral para o Deporte traballa en convenios de colaboración para a implantación de DAFIS noutras comunidades así como proxectos de colaboración para a posta en marcha de prescrición de exercicio e avaliación da condición física en poboacións con patoloxías ou a apertura de novos grupos de idade para prescribir actividade física tamén nos maiores de 60 anos

03/12/20 | 20:10 | Secretaría Xeral para o Deporte

Xunta e federacións deportivas traballan na distribución do orzamento para 2021 que sobe nun 28,5%

José Ramón Lete Lasa, mantivo na mañá de hoxe unha xuntanza cos representantes das 58 federacións deportivas de Galicia na que se abordaron os principais temas con respecto a vindeira anualidade de 2021

03/12/20 | 17:16 | Secretaría Xeral para o Deporte

O secretario xeral para o Deporte lembra a importancia do papel da actividade física no desenvolvemento do ecosistema tecnolóxico e dixital

No Máster en Xestión Empresarial do Deporte da Universidade de Vigo no que presentou a conferencia de Manel Varcarce

03/12/20 | 17:05 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa destaca o traballo do tenis de mesa galego que permite a Galicia ser a única comunidade coas súas ligas en marcha desde o 17 de outubro

Terá lugar os vindeiros 5, 6, 7 e 8 de decembro e estará organizado pola Federación Galega de Tenis de Mesa para as categorías benxamín, alevín, infantil, xuvenil, sénior e veterano, tanto masculinas como femininas