Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta agradece á Asociación da Prensa da Coruña o seu traballo por promover entre os máis novos a pegada galega na obra de Picasso
Recorda que o Goberno autonómico está a preparar, no marco do 50 aniversario do artista en 2023, unha gran exposición que repasa esta etapa creativa, “unha das que é máis necesario divulgar e dar a coñecer pola súa singularidade”
Román Rodríguez destaca o éxito do Stembach, bacharelato no que xa se titularon case 750 alumnos, máis da metade mulleres
Salienta estas ensinanzas como unha oportunidade para descubrir vocacións científicas e establecer o primeiro contacto co mundo universitario
Román Rodríguez destaca a rehabilitación integral de vinte centros ao abeiro do Plan de nova arquitectura pedagóxica co apoio de fondos europeos
Estas actuacións avanzan na consecución dun novo modelos de centros postpandemia, establecido no Plan da Xunta, máis verdes e saudables
A Xunta colabora coa Fundación SGAE na celebración do Día da Música con Caamaño & Ameixeiras, Momboi e Coolnenas DJ
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participa na presentación da segunda edición do festival Acento, que se desenvolverá mañá na terraza da sede da SGAE en Santiago
A Xunta convoca os Premios da Cultura Galega en 2022
Os galardóns recoñecen o labor creativo e a súa expansión cara novos espazos nos campos das Letras, Artes Visuais, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior
A Filmoteca de Galicia estrea en Santiago os catro filmes de ‘Cinema en curso’ realizados por preto de 90 estudantes de primaria e secundaria
O Salón Teatro recibiu o alumnado dos CEIP Tenorio de Cercedo-Cotobade e A Rúa de Cangas, do CPI O Cruce de Cerceda e do IES O Mosteirón de Sada para presentar as fitas que rodaron xunto aos cineastas Ángel Santos, Xacio Baño e Otto Roca
A Xunta e Afundación convidan na Coruña a imaxinar o porvir da nosa comunidade a través do diálogo entre ciencia e arte que establece a mostra ‘Galicia futura’
Exhibe obras de numerosos artistas vencellados á cidade herculina –como Vítor Mejuto, Xulia Pisón, Christian García Bello, Estíbaliz Espinosa ou Damián Ucieda– e conta con colaboradores como os científicos María D. Mayán e Moisés Canle
A Xunta reforza o seu apoio ao Festival de música clásica Bal y Gay, que arranca en agosto na Mariña lucense na súa edición máis internacional
Duplícase o apoio a este certame do que Román Rodríguez resalta o “salto de calidade e prestixio” nas súas nove edicións que o consolida como referente
Preto de 23.000 persoas concorren esta fin de semana ás oposicións de Educación nas 145 sedes habilitadas pola Xunta en 14 localidades de toda Galicia
Todas as probas serán en centros educativos, ben sexan colexios, institutos ou centros de FP e universitarios