Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta adxudica a redacción dos estudos de compatibilidade co medio mariño dos proxectos de mellora de saneamento previstos en Burela e en Praceres, na ría de Pontevedra
Este contrato, cun investimento autonómico duns 17.000 euros, asegurará que as intervencións se adaptan aos obxectivos ambientais e ás estratexias mariñas marcadas por Costas do Estado
A Xunta licita a redacción do proxecto construtivo da nova depuradora de Arcade, no concello de Soutomaior
A Plataforma de contratos públicos de Galicia publica hoxe esta licitación, cun investimento de máis de 210.000 euros
A Xunta licita por máis de 1,35 millóns de euros unha rede de control de caudal nos ríos con risco de inundacións na demarcación hidrográfica de Galicia-Costa
As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 16 de xuño
A Xunta adxudica as obras de mellora do sistema de bombeo da rede de saneamento na parroquia de San Nicolás, en Neda
Esta actuación conta cun investimento autonómico de case 50.000 euros
A Xunta convida a máis de 370 profesionais da tecnoloxía e da investigación a achegar solucións novidosas á xestión hídrica a través do proxecto ‘Innovaugas’, dotado con 7 millóns de euros
O inicio hoxe da fase de consultas preliminares ao mercado busca que os centros tecnolóxicos ou os grupos de investigación fagan achegas para perfilar as propostas innovadoras
A Xunta executa traballos de conservación e limpeza no treito interurbano do río Artes ao seu paso polo concello de Ribeira
Os traballos están a desenvolverse nun tramo de preto de 4 quilómetros de lonxitude entre os lugares das Barcias e A Ponte, nas parroquias de Oleiros e Artes
A Xunta remata as obras de mellora do sistema de saneamento da parroquia de Trasariz, no concello de Cenlle
A intervención centrouse na execución dun novo colector de augas residuais para acadar o correcto funcionamento das instalacións e contou cun investimento autonómico duns 33.000 euros
A Xunta conclúe as obras de mellora nas depuradoras de Laxe e Camariñas, cun investimento autonómico de preto de 90.000 euros
Ambas as instalacións son explotadas a través de Augas de Galicia, que apoia aos concellos nas súas competencias municipais no tratamento das augas residuais
A Xunta licita as obras da potabilizadora de Betanzos por 1,2 millóns de euros co obxectivo de que o vindeiro ano se poida garantir o axeitado abastecemento de auga en todo o municipio
As empresas interesadas na execución desta actuación poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 28 de maio
A Xunta reabre o prazo de presentación de ofertas para a execución das obras de mellora do abastecemento ao parque empresarial e os núcleos das Quintás e da Ría, en Vilamarín
Reactívase o procedemento de licitación deste contrato, cun investimento duns 200.000 euros, suspendido inicialmente coa declaración do estado de alarma