Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 589 novas da área temática Audiovisual:

13/05/20 | 12:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción dos estudos de compatibilidade co medio mariño dos proxectos de mellora de saneamento previstos en Burela e en Praceres, na ría de Pontevedra

Este contrato, cun investimento autonómico duns 17.000 euros, asegurará que as intervencións se adaptan aos obxectivos ambientais e ás estratexias mariñas marcadas por Costas do Estado

09/05/20 | 10:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita a redacción do proxecto construtivo da nova depuradora de Arcade, no concello de Soutomaior

A Plataforma de contratos públicos de Galicia publica hoxe esta licitación, cun investimento de máis de 210.000 euros

07/05/20 | 15:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
07/05/20 | 12:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
06/05/20 | 13:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convida a máis de 370 profesionais da tecnoloxía e da investigación a achegar solucións novidosas á xestión hídrica a través do proxecto ‘Innovaugas’, dotado con 7 millóns de euros

O inicio hoxe da fase de consultas preliminares ao mercado busca que os centros tecnolóxicos ou os grupos de investigación fagan achegas para perfilar as propostas innovadoras

06/05/20 | 13:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa traballos de conservación e limpeza no treito interurbano do río Artes ao seu paso polo concello de Ribeira

Os traballos están a desenvolverse nun tramo de preto de 4 quilómetros de lonxitude entre os lugares das Barcias e A Ponte, nas parroquias de Oleiros e Artes

01/05/20 | 10:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de mellora do sistema de saneamento da parroquia de Trasariz, no concello de Cenlle

A intervención centrouse na execución dun novo colector de augas residuais para acadar o correcto funcionamento das instalacións e contou cun investimento autonómico duns 33.000 euros

01/05/20 | 10:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta conclúe as obras de mellora nas depuradoras de Laxe e Camariñas, cun investimento autonómico de preto de 90.000 euros

Ambas as instalacións son explotadas a través de Augas de Galicia, que apoia aos concellos nas súas competencias municipais no tratamento das augas residuais

29/04/20 | 14:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
27/04/20 | 16:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reabre o prazo de presentación de ofertas para a execución das obras de mellora do abastecemento ao parque empresarial e os núcleos das Quintás e da Ría, en Vilamarín

Reactívase o procedemento de licitación deste contrato, cun investimento duns 200.000 euros, suspendido inicialmente coa declaración do estado de alarma