Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia rexistrou un agosto histórico na ocupación de aloxamentos turísticos, con 2,2 millóns de pernoitas
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, presentou hoxe en Vigo a campaña “Presume de Morriña”, posta en marcha polo Clúster Turismo de Galicia para reactivar o sector e animar a viaxar a Galicia trala pandemia
O Camiño de Santiago protagoniza o encontro internacional “historias dos cadernos de viaxes”
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a comisaria do Xacobeo 21-22, Cecilia Pereira, foron as encargadas de inaugurar a iniciativa, que forma parte da programación do Xacobeo 21-22
A delegación territorial da Xunta recibe en Pontevedra a un grupo de 65 peregrinos da Illa da Palma e trasládalle unha mensaxe de ánimo e apoio
A secretaria territorial, Marta Iglesias, e o xefe territorial de Presidencia, Xustiza e Turismo, Ramón Pereiro, déronlle a benvida aos camiñantes, do Club El Atajo, e entregáronlle uns obsequios conmemorativos do Xacobeo 2021-2022
A Xunta salienta en Lisboa a vitalidade do Camiño Portugués como unha oportunidade para o turismo
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, deu a coñecer a oferta turística galega aos principais operadores lusos, aos que asegurou que o Camiño de Santiago é un reclamo de éxito para os seus negocios
A Xunta apoiou a cinco axencias de viaxes da comarca de Ferrolterra con máis de 44.000 euros
A Xunta ten aberto o prazo de novas solicitudes que terán que presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal ata o vindeiro 11 de outubro
Trece establecementos de turismo rural lucenses participan ata finais de ano na 15ª edición do Outono Gastronómico
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, presentou hoxe a campaña, que inclúe diferentes opcións coa posibilidade de aloxarse e degustar os menús elaborados especialmente para esta ocasión con produtos galegos de calidade
A Xunta destaca o acerto do modelo do tren turístico, que acadou este ano a mellor ocupación da historia
A nove días do peche da campaña, a práctica totalidade dos billetes foron vendidos, o que confirma o éxito do modelo turístico de calidade e tranquilo que ofrece Galicia
A Xunta destaca o apoio ás axencias de viaxes e ao sector da turoperación con 7M€ destinados a 1.400 negocios deste colectivo
O Goberno galego vén de publicar a segunda edición das axudas ao mantemento que cobren os gastos de alugueiro e hipoteca dos locais por 350.000 euros
Máis dun cento de concellos solicitaron xa a liña de axudas para a mellora de infraestruturas turísticas
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde de Sobrado, visitaron a pasarela peonil da lagoa de Sobrado na que o Goberno galego vai investir máis de 36.000 euros en obras de rehabilitación.