Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta colabora na VII Feira de caza, pesca e natureza con obradoiros e accións divulgativas sobre os valores naturais de Galicia e a importancia destas actividades
No marco deste evento a Consellería organiza sete talleres dirixidos aos nenos, un concurso de probas por parellas, unha exposición e varios contacontos
Medio Ambiente abre expediente sancionador contra a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil por permitir o baleirado dos encoros desta demarcación
O organismo de conca estatal vulnerou o procedemento legalmente establecido, ao non solicitar autorización da Consellería de Medio Ambiente para proceder a diminuír a auga encorada nas presas que xestiona
A Xunta adxudicará antes de final de ano as obras para transformar a planta de transferencia de residuos de Ponteceso, nas que investirá 1,3 M€
O financiamento das actuacións de mellora proxectadas nas actuais instalacións correrá a cargo dos Fondos Feder mobilizados pola UE en resposta á crise da covid
A Xunta axudará a 18 concellos coruñeses con máis de 105.000 euros para redactar os seus plans de acción fronte ao cambio climático
O delegado da Xunta na Coruña informou ao alcalde do Pino, un dos beneficiarios desta orde, da resolución da mesma
Xunta e viticultores analizan os efectos para o sector da declaración da emerxencia cinexética polo xabaril
As incursións destes animais en zonas con plantacións de viñedos causan danos e prexuízos que comportan perdas económicas moi cuantiosas
A Xunta axudará a 23 concellos ourensáns con máis de 72.000 euros para redactar os seus plans de acción fronte ao cambio climático
O delegado territorial subliñou que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda atendeu o 100% das solicitudes que se presentaron á convocatoria deste ano, de xeito que case 250 concellos galegos teñen ou están a traballar nesta ferramenta de carácter técnico
A Xunta comeza unha intervención etnográfica-arqueolóxica na illa norte do arquipélago das Cíes
A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe o encrave no que se traballa coa hipótese de que fora unha antiga ferraría para coñecer xunto aos técnicos os traballos que se desenvolverán ata decembro no Parque Nacional
A Rede Galega de Praias sen Fume creada pola Xunta abrangue 26 praias na provincia da Coruña con categoría oro
Esta Rede, nacida en 2016, conta con outros nove areais de 4 concellos recoñecidos coa categoría prata con polo menos a metade da súas praias con este distintivo
A Xunta empraza ao Concello de Viveiro a sumar esforzos dentro da fronte común impulsada para que o Goberno central retire a orde do lobo
Ángeles Vázquez subliña que comparte a preocupación dos rexedores da Mariña lucense ante os últimos ataques detectados na comarca pero avisa de que se o Goberno non rectifica, a nova regulación favorecerá a expansión da especie e haberá máis danos
A Xunta colabora na instalación de 55 contedores verdes nos cinco puntos de saída e chegada da Volta Ciclista a España en Galicia
Ángeles Vázquez fai fincapé nos “bos resultados” da reciclaxe de vidro na Comunidade, cunha media de 322 envases depositados por minuto nos iglús verdes en 2020