Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

05/07/22 | 12:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de 3 sendas nas estradas OU-105, OU-536 e na Avenida de Ponferrada, no Concello de Ourense, que suporán un investimento de 1,8 M€

Os traballos comezaron pola estrada OU-105, onde se executará unha senda de máis de 800 metros na zona de Ponte Sevilla, desde enfronte do concesionario próximo á glorieta ata o punto no que se atopa a parada de autobús máis próxima ao tanatorio
 

05/07/22 | 12:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproba o proxecto de construción dunha senda na estrada PO-402 entre Oleiros e Leirado, en Salvaterra de Miño, que suporá un investimento de máis de 1,5 M€

O obxectivo da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade é licitar as obras a finais deste mes para poder inicialas este mesmo ano, cun prazo de execución de 12 meses

04/07/22 | 14:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e os Concellos afectados acordan pedirlle ao Goberno de España a retirada do novo mapa de concesións de autobús, que deixa a máis de 136.000 galegos sen parada e supón un ataque ao rural

Vázquez Mourelle adianta que o mércores trasladará na Conferencia Nacional de Transportes a oposición de Galicia ao deseño das novas rutas, que elimina as paradas de autobús estatal en 23 municipios da Comunidade

02/07/22 | 12:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de ampliación e ordenación do aparcadoiro do Hospital Teresa Herrera da Coruña

 A actuación permitirá incrementar o espazo de aparcadoiro e poñer á disposición dos usuarios 31 prazas ordenadas, ao tempo que se habilita unha vía perimetral que favorecerá a circulación en anel bordeando o aparcadoiro

02/07/22 | 12:28

A Xunta e o Concello do Pereiro de Aguiar avalían os pasos a seguir para avanzar na ampliación do polígono

O proxecto está incluído na modificación do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia, que actualmente está a tramitar o Goberno autonómico

02/07/22 | 12:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 5 ofertas de empresas para executar as obras do ‘by-pass’ no río Anllóns, en Carballo, que suporán un investimento de máis de 282.000 €

Esta intervención ten como obxecto mellorar a capacidade hidráulica do río ao seu paso polo emprazamento de Muíño do Quinto

02/07/22 | 11:08

A Xunta licita por máis de 330.000 euros a mellora da estrada de acceso ao peirao de Fisterra

Os traballos consisten na substitución do firme de entrada ao porto por outro máis axeitado para o tráfico rodado existente na zona e as empresas interesadas teñen de prazo ata o día 20 de xullo para presentar as súas ofertas

01/07/22 | 15:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste 165.000 euros na mellora do firme da vía autonómica de altas prestacións entre Chantada e o Alto do Faro

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que os traballos para reforzar a seguridade nese treito acaban de comezar e durarán ata mediados de xullo

01/07/22 | 14:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que na vindeira primavera se iniciarán as obras para transformar a estrada AC-305 ao seu paso por Palmeira en Rúa, cun investimento de 2,2 M€

Vázquez Mourelle indica que a actuación en Palmeira, que se centrará en recuperar o espazo público para os veciños e reforzar a seguridade viaria, servirá de modelo para as outras intervencións proxectadas nos municipios polos que discorre a AC-305

01/07/22 | 13:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 205.000 euros as obras de acondicionamento das beirarrúas na PO-504, no Concello de Sanxenxo

Mellorarase a accesibilidade peonil e a seguridade viaria ao longo desta estrada autonómica, entre os puntos quilométricos 0+680 e 4+450