Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

11/10/21 | 12:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa Sanxenxo como territorio de preferente actuación turística e destaca os históricos datos de ocupación en toda Galicia

A Administración autonómica asinou un convenio co Concello por valor de 150.000 euros para a promoción turística do único municipio galego que acadou a distinción

06/10/21 | 13:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias cifra en preto de 114.000 euros as axudas destinadas ás axencias de viaxes na área territorial

Tras sinalar que o Goberno galego acompañou a este sector desde o primeiro momento da crise sanitaria, a delegada territorial da Xunta en Vigo recordou que está aberta unha segunda liña de achegas que poderá solicitarse ata o 11 de outubro

06/10/21 | 12:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Arcebispado de Santiago na posta en valor do patrimonio coa apertura de igrexas no camiño

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, asinou hoxe co ecónomo do arcebispado, Fernando Barros, os convenios nos que a Xunta aporta 180.000 euros para colaborar na ampliación de horario de apertura de 11 igrexas na cidade compostelá e na instalación de reixas noutras 16 do Camiño Francés e Portugués para ver o seu interior

05/10/21 | 17:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor os 10,3 M€ cos que se impulsará a sustentabilidade en 4 destinos turísticos galegos

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, compareceu hoxe no Parlamento para dar conta do avance na execución dos Plans de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD) aos que a Xunta destina 4,2M€

05/10/21 | 16:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia 6 actuacións de mellora das infraestruturas turísticas dos concellos da comarca do Barbanza cun investimento de máis de 125.000 euros

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou a igrexa de San Martín de Noia que conta cunha nova iluminación grazas a estas axudas

05/10/21 | 15:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investirá medio millón de euros na creación dun campamento turístico nun novo complexo recreativo en Abegondo

Constará dun campamento turístico, cabanas de madeira, piscina e xogos multiaventura, entre outros atractivos

05/10/21 | 12:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola colaboración entre o Goberno central e as CCAA na promoción do Xacobeo 21-22 para reactivar a peregrinación en toda España

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, destacou hoxe na inauguración en Pontevedra a exposición “Carteis para un Camiño. 100 anos de ilustración xacobea” a necesidade de difundir de forma conxunta as rutas xacobeas e o Ano Santo polo seu potencial na recuperación do sector turístico a nivel estatal

04/10/21 | 18:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta comparte coas comunidades as boas prácticas que están a permitir a recuperación turística en Galicia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participa na I Convención de Turespaña nunha mesa redonda para intercambiar coñecementos e accións orientadas á mellora da sustentabilidade e á promoción dos destinos

04/10/21 | 16:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoiará 11 actuacións de mellora das infraestruturas turísticas dos concellos da área de Santiago cun investimento de máis de 218.000 euros

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou o muíño novo no río Mercurín que será rehabilitado con esta orde de axudas

04/10/21 | 12:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta celebra a chegada de 140.000 peregrinos e subliña que as boas cifras do Camiño son un éxito colectivo de todos os galegos

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, salientou que a Xunta acertou coa súa aposta pola recuperación do turismo e coa mensaxe Galicia Destino Seguro, que chegou a toda España